Datos da disciplina
- Web escolas: www.eapicasso.com
- Mail: escola.arte.pablo.picasso@edu.xunta.es
- Materia: Tecnoloxía aplicada ao deseño gráfico
- Disciplina: Fotografía
- Carácter: Obrigatoria na especialidade (O.E.)
Datos da disciplina
2.1. Descritores
2.2. Relación con outras disciplinas de contidos progresivos.
Para cursar esta disciplina é necesario ter superada Laboratorio de Imaxe do primeiro curso destas ensinanzas.
2.3. Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación
A disciplina de Fotografía promove o coñecemento e a utilización da fotografía como un elemento máis na xeración de mensaxes e na comunicación de contidos de natureza diversa para as diferentes canles de comunicación.
2.4. Metodoloxía
Actividades introductorias
Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.
Exposición maxistral
Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.
Prácticas presenciais
Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.
Prácticas non presenciais
Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.
Exposición e debate
Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.
Titorías docentes
A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.
Actividades de avaliación
Actividades complementarias
Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.
4.1. Competencias transversais
T.3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.
T.4. Utilizar eficientemente as tecnoloxías da información e a comunicación.
T.11. Desenvolver na práctica laboral unha ética profesional baseada na apreciación e sensibilidade estética, ambiental e cara á diversidade.
T.12. Adaptarse, en condicións de competitividade, aos cambios culturais, sociais e artísticos e aos avances que se producen no ámbito profesional e seleccionar as canles adecuadas de formación continuada.
T.13. Buscar a excelencia e a calidade na súa actividade profesional.
4.2. Competencias xerais
X.2. Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación.
X.18. Optimizar a utilización dos recursos necesarios para alcanzar os obxectivos previstos.
X.19. Demostrar capacidade crítica e saber formular estratexias de investigación.
4.3. Competencias específicas da titulación
E.G.2. Dominar os recursos formais da expresión e a comunicación visual.
E.G.3. Comprender e utilizar a capacidade de significación da linguaxe gráfica.
E.G.11. Dominar os recursos tecnolóxicos da comunicación visual.
E.G.13. Dominar a tecnoloxía dixital para o tratamento de imaxes, textos e sons.
5.1. Contidos