Secretaría

Información

Documentación Académica

Unha vez realizada a matrícula, debes ler a Guía do Alumnado, na que se atopa toda a información necesaria para o comezo da túa formación na Escola. Tamén terás que consultar o horario do teu grupo, así como o calendario escolar.

Lembra que está a túa disposición para descarga outra documentación sobre a xestión da Escola, como o Proxecto Funcional e o Plan Anual, e as normas de evacuación do Centro, no caso de producirse unha emerxencia.

Mira con calma esta información antes do comezo das clases!

Recoñecemento de créditos 2023-24

O alumnado que cursa Ensinanzas Superiores interesado en solicitar o recoñecemento de créditos xa pode consultar a táboa de equivalencias na seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/24450

Para realizar a solicitude, débese cumprimentar o seguinte modelo de solicitude e entregalo na Secretaría da Escola antes do mércores 20 de setembro de 2023. Tamén é preciso enviar a documentación a: jose.barreiro@edu.xunta.gal

Modelo de solicitude de recoñecemento curso 2023-24

Para o alumnado que cursa Ensinanzas Profesionais, o día 18 de setembro de 2023 abriuse na SEDE do Ministerio de Educación y Formación Profesional o procedemento de convalidacións de módulos de ciclos formativos de grao medio e grao superior de Artes Plásticas e Diseño para o curso 2023-24. 

https://sede.educacion.gob.es/comunes/saliendo.html?destino=https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050120/ficha/050120-2023-alumnos.html

Xornadas acollemento alumnado Curso 2023-2024

Luns 11 de setembro de 2023, sesión de acollemento co Equipo Directivo:

  • 10:00 – 1º Curso Ensinanzas Profesionais (Ciclos)
  • 11:00 – 2º Curso Ensinanzas Profesionais (Ciclos)
  • 12:00 – 1º Curso Ensinanzas Superiores
  • 13:00 – 2º, 3º e 4º Curso Ensinanzas Superiores

Martes 12 de setembro de 2023, sesión cos Departamentos de Formación:

  • 10:00 – EEAAPP Dourado, Escultura, Cerámica e Madeira
  • 11:00 – EEAAPP Ilustración e Fotografía
  • 12:00 – EEAASS Deseño Gráfico
  • 13:00 – EEAASS Deseño de Interiores

Mércores 13 de setembro: comezo das sesións lectivas segundo os horarios publicados.

División dos grupos 2023-24

EE.SS. DESEÑO GRÁFICO:

  • 1º A: de AB a LIA – 1º B: de LIC a ZU
  • 2º A: de AB a LOP – 2º B: de LOR a ZU
  • 3º A: de AB a FO – 3º B: de FR a ZU

DESEÑO DE INTERIORES:

  • 1º A: de AB a JUA – 1º B: de JUC a ZU
  • 2º A: de AB a JAO – 2º B: de JAP a ZU
  • 3º A: de AB a GUA – 3º B: de GUB a ZU

ILUSTRACIÓN:

  •  1º A: De AB a LAH – 1º B: De LAI a ZU
  • 2º A: De AB a Gonzalez Troi – 2º B: De Gonzalez Trua a ZU

FOTOGRAFÍA:

  • 1º A: de AB a LOB – 1º B: de LOC a ZU
  • 2º A: de AB a LUA – 2º B: de LUB a ZU

Información

Normas en caso de evacuación do Centro