Acceso a estudantes

Acceso a estudantes

Actualidade

Solicitar cita previa
25 Agosto, 2020

Debido ás condicións sanitarias é necesario solicitar cita previa para realizar trámites na Secretaría da Escola.

Ler Máis
Concurso cartaz SRI
5 Febreiro, 2021

O martes 9 de febreiro ás 17:00h haberá unha sesión informativa sobre as bases do concurso por videoconferencia

Ler Máis
Novidades COVID19
27 Xaneiro, 2021

Dende o mércores 27 de xaneiro e ata o 17 de febreiro, a actividade lectiva da Escola para a ser non presencial.

Ler Máis
Convocatoria de reunión para dar información ao alumnado sobre as prácticas externas
Ensinanzas Superiores de Deseño
21 Xaneiro, 2021

Reunión informativa para as Prácticas Externas curso 2020-21. Luns 1 de febreiro ás 11.30 horas no salón de actos.

Ler Máis

Que é a EASD Pablo Picasso?

A Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso é un centro público de formación, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Nela poderás cursar as Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño (equivalentes a grao universitario), as Ensinanzas Artísticas Profesionais (Ciclos de Grao Superior) e o Taller Cerámico I e II.



Queres estudar na EASD Pablo Picasso?

Para cursar algunha das especialidades formativas tanto superiores (equivalente a grao universitario) coma ciclos profesionais, debes facer unha proba de acceso. As datas para facer a inscrición nesta proba de son publicadas pola Consellería de Educación a mediados de maio. Visita a nosa páxina web ou séguenos en redes sociais para estar ao día das novidades.

Tamén podes consultar a sección de preguntas frecuentes (FAQ) sobre as datas e tipos de probas que se fan para o acceso nos seguintes enlaces:

Ensinanzas artísticas profesionais
Ensinanzas artísticas superiores de deseño