Datos da disciplina
- Web escola: www.eapicasso.com
- Mail: escola.arte.pablo.picasso@edu.xunta.es
- Materia: Materiais e tecnoloxía aplicados ao deseño de interiores
- Disciplina: Instalacións I
- Carácter: OE (Obrigatoria de especialidade)
Datos da disciplina
2.1. Descritores
2.2. Relación con outras disciplinas de contidos progresivos.
2.3. Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación
2.4. Metodoloxía
Actividades introductorias
Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.
Exposición maxistral
Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.
Prácticas presenciais
Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.
Prácticas non presenciais
Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.
Exposición e debate
Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.
Titorías docentes
A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.
Actividades de avaliación
Actividades complementarias
Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.
4.1. Competencias transversais
T.1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.
T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.
T.3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.
T.8. Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos.
T.12. Adaptarse, en condicións de competitividade aos cambios culturais, sociais e artísticos e aos avances que se producen no ámbito profesional e seleccionar as canles adecuadas de formación continuada.
T.13 Buscar a excelencia e a calidade na súa actividade profesional.
T.15. Traballar de forma autónoma e valorar a importancia da iniciativa e o espírito emprendedor no exercicio profesional.
T.16. Usar os medios e recursos ao seu alcance con responsabilidade cara ao patrimonio cultural e medioambiental.
4.2. Competencias xerais
X.2. Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación.
X.8. Propoñer estratexias de investigación e innovación para resolver expectativas centradas en funcións, necesidades e materiais.
X.10. Ser capaces de adaptarse aos cambios e á evolución tecnolóxica industrial.
X.16. Ser capaces de encontrar solucións ambientalmente sostibles.
X.17. Propoñer, avaliar e desenvolver estratexias de aprendizaxe adecuadas ao logro de obxectivos persoais e profesionais.
X.19. Demostrar capacidade crítica e saber formular estratexias de investigación.
X.21. Dominar a metodoloxía de investigación.
4.3. Competencias específicas da titulación
E.I.1. Xerar e materializar solucións funcionais, formais e técnicas que permitan o aproveitamento e a utilización idónea de espazos interiores.
E.I.4. Analizar, interpretar, adaptar e producir información relativa á materialización dos proxectos .
E.I.5. Resolver os problemas estéticos, funcionais, técnicos e construtivos que xurdan durante o desenvolvemento e execución do proxecto.
E.I.8. Coñecer os procesos de fabricación, produción e manufacturado mais usuais nos diferentes sectores vinculados ao deseño de interiores.
E.I.9. Adecuar a metodoloxía e as propostas á evolución tecnolóxica e industrial propia do sector.
E.I.14. Comprender o marco legal e regulamentario que regula a actividade profesional, a seguridade e saúde laboral e a propiedade intelectual e industrial.
5.1. Contidos