Para acceder ao módulo de Taller de madeira será preciso estar en posesión do título de bacharel ou título declarado equivalente, e superar unha proba de acceso específica.
Estarán exentos de realizar a proba de acceso específica aqueles aspirantes que estén en posesión de :
a) Calquera título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño da familia profesional artística de Escultura, ou título declarado equivalente.
b) Título de bacharel, modalidade de artes, ou de bacharelato artístico experimental.
c) Título superior de Artes Plásticas ou título superior de Deseño nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
d) Título superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais, nas súas diferentes especialidades.
e) Licenciatura en Belas Artes.
f) Arquitectura.
g) Enxeñería Técnica en Deseño Industrial.