Laboratorio de Imaxe

  • Identificación

    Datos da disciplina

    • Tipo: Teórico-práctica (T.P)
    • Curso: 1º
    • Créditos ECTS: 6
    • Duración: Anual
    • Horas de clase semanais: 3
    • Horas de traballo non presencial: 36
    • Horas de titoría: 6

  • Descrición

    2.1. Descritores

    • Fotografía e medios audiovisuais.
    • Métodos de investigación e experimentación propios da materia.

    2.2. Relación con outras disciplinas de contidos progresivos.

    • Esta é unha disciplina de contidos progresivos. É chave para cursar “Fotografía”, no 2º curso destas ensinanzas.

    2.3. Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

    Laboratorio da Imaxe pretende dar a coñecer e utilizar a imaxe dixital como unha ferramenta máis na xeración de mensaxes e na comunicación de contidos de natureza diversa para as diferentes canles da comunicación, así como iniciarse nas técnicas esenciais da imaxe dixital.

    2.4. Metodoloxía

    Actividades introductorias

    Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

    Exposición maxistral
    Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

    Prácticas presenciais
    Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

    Prácticas non presenciais
    Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

    Exposición e debate
    Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

    Titorías docentes
    A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

    Actividades de avaliación

    • Formativa.
      • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
      • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.
    • Sumativa.
      • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
      • Establecer balances dos resultados.

    Actividades complementarias

    Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

  • Obxectivos

    • Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

  • Competencias

    4.1. Competencias transversais

    T.4.      Utilizar eficientemente as tecnoloxías da información e a comunicación.

    T.8.      Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos.

    T.15.    Traballar de forma autónoma e valorar a importancia da iniciativa e o espírito emprendedor no exercicio profesional.

    4.2. Competencias xerais

    X.2.     Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación.

    X.20.     Comprender o comportamento dos elementos que interveñen no proceso comunicativo, dominar os recursos tecnolóxicos da comunicación e valorar a súa influencia nos procesos e produtos do deseño.

    4.3. Competencias específicas da titulación

    E.G.2.  Dominar os recursos formais da expresión e a comunicación visual.

    E.G.8.  Coñecer as canles que sirvan de soporte á comunicación visual e utilizalas conforme aos obxectivos comunicativos do proxecto.

    E.G.10.  Aplicar métodos de verificación da eficacia comunicativa.

    E.G.11.  Dominar os recursos tecnolóxicos da comunicación visual.

  • Organización

    5.1. Contidos

    • Principios elementais da luz, a cor e a imaxe fotográfica.
    • A cámara fotográfica.
    • O procesado da imaxe no laboratorio dixital.
    • Elaboración da imaxe.
    • Elementos básicos e auxiliares de iluminación fotográfica.
    • Principios básicos da linguaxe e o medio audiovisual.

    5.2. Organización

    Distribución horaria

    Laboratorio-imaxe

    ● Horas presenciais

    ● Horas non presenciais

    ● Titorías

  • Avaliación

    • A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
    • A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.