Deseño gráfico

  • Plan de estudos

    1º CURSO DESEÑO GRÁFICO
    Materia Disciplina Carácter Tipo Horas clase/semana Horas clase/curso Créditos ECTS
    Fundamentos do deseño Fundamentos do deseño F. B. T.P. 2 72 4
    Deseño básico F. B. T.P. 3 108 8
    Linguaxes e técnicas de comunicación e representación Debuxo artístico F. B. T.P. 5 180 10
    Volume F. B. T.P. 4 144 8
    Sistemas de representación F. B. T.P. 2 72 6
    Tecnoloxía dixital F. B. T.P. 3 108 6
    Historia das artes e o deseño Historia das artes e o deseño  F. B.  T. 3  108 6
    Ciencia aplicada ao deseño Ciencia aplicada ao deseño F. B.  T.  2  72 6
    Tecnoloxía aplicada ao deseño Laboratorio de imaxe  O.E.  T.P.  3 108 6
    TOTAIS 27 972 60
    2º CURSO DESEÑO GRÁFICO
    Materia Disciplina Carácter Tipo Horas clase/semana Horas clase/curso Créditos ECTS
    Tipografía Tipografía O.E. T.P. 4 144 6
    Cultura do deseño Cultura do deseño F. B. T. 2 72 6
    Tecnoloxía  aplicada ao deseño gráfico Tecnoloxía dixital aplicada I O.E. P. 4 144 12
    Fotografía O.E. T.P. 2 72 6
    Produción gráfica O.E. T.P. 2 72 6
    Historia do deseño gráfico Historia do deseño gráfico O.E. T. 2 72 6
    Proxectos de deseño gráfico Proxectos de deseño gráfico I O.E.  T.P. 6 216 12
    Optativas (debe escollerse 1) Narración Gráfica
    Técnicas de expresión gráfica
    Linguaxes da comunicación visual
    O.P.  —  2  72 6
    TOTAIS 24 864 60
    3º CURSO DESEÑO GRÁFICO
    Materia Disciplina Carácter Tipo Horas clase/semana Horas clase/curso Créditos ECTS
    Tecnoloxía aplicada ao deseño gráfico Técnicas audiovisuais e de animación O.E. T.P. 6 216 16
    Tecnoloxía dixital aplicada II O.E. P. 2 72 6
    Proxectos de deseño gráfico Proxectos de deseño gráfico II O.E. T.P. 6 216 16
    Xestión do deseño Organización e lexislación F.B. T. 2 72 4
    Optativas (deben escollerse 3) Edición Editorial
    A escenificación do obxecto
    Novos comportamentos do deseño gráfico
    Obradoiro de modelos tridimensionais
    Packaging
    O.P.  — 2 216 18
    TOTAIS 22 792 60
    4º CURSO DESEÑO GRÁFICO
    Materia Disciplina Carácter Tipo Horas clase/semana Horas clase/curso Créditos ECTS
    Proxectos de deseño gráfico  Proxecto interdisciplinar O.E. T.P. —– 72 12
    Xestión do deseño gráfico Xestión do deseño gráfico O.E. P. —– 72 6
    Prácticas externas O.E. P. —– —– 12
    Optativas (deben escollerse 2) Branding
    Deseño de estampación
    Edición avanzada web
    Infografía
    O.P. —– 144 12
    Proxectos de deseño gráfico Traballo de fin de estudos O.E. T.P. —– 72 18
    TOTAIS —– 432 60

    Carácter: carácter da disciplina, (F.B. : formación básica, O.E. : obrigatoria na especialidade, O.P. : disciplinas optativas).

    Tipo: (T. : teórica; T.P. :Teórico-Práctica, P. :Práctica)

    Horas clase/semana: horas de clase programadas semanalmente coa presenza do profesor/a.

    Horas clase/curso: horas totais de clase coa presenza do profesor/a ao longo do ano académico.

    Créditos ECTS: créditos ECTS asociados a unha disciplina.

  • Saídas profesionais

    QUE SAÍDAS PROFESIONAIS TEN O TITULADO/A SUPERIOR EN DESEÑO GRÁFICO?

    O/A deseñador/a gráfico/a é un/unha creador/a cuxa actividade ten por obxecto a utilización da linguaxe gráfica para xerar mensaxes e comunicar contidos de natureza diversa con diferentes medios e para as distintas canles de comunicación. Os ámbitos principais nos que desenvolve a súa actividade son:

    • Identidade corporativa e visual.
    • Deseño editorial.
    • Produción gráfica.
    • Deseño de envases e embalaxes.
    • Dirección de arte en publicidade.
    • Deseño audiovisual.
    • Grafismo en televisión.
    • Deseño multimedia.
    • Deseño de interacción, deseño web.
    • Deseñador ambiental: gráfica e comunicacións aplicadas ao espazo.
    • Deseño de material didáctico.
    • Investigación e docencia.

  • Competencias

    CALES SON AS COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DO TITULADO SUPERIOR EN DESEÑO GRÁFICO?
    • EG. 1. Xerar, desenvolver e materializar ideas, conceptos e imaxes para programas comunicativos complexos.
    • EG. 2. Dominar os recursos formais da expresión e a comunicación visual.
    • EG. 3. Comprender e utilizar a capacidade de significación da linguaxe gráfica.
    • EG. 4. Dominar os procedementos de creación de códigos comunicativos.
    • EG. 5. Establecer estruturas organizativas da información.
    • EG. 6. Interrelacionar as linguaxes formal e simbólica coa funcionalidade específica.
    • EG. 7. Determinar, e no seu caso, crear solucións tipográficas adecuadas aos obxectivos do proxecto.
    • EG. 8. Coñecer as canles que sirvan de soporte á comunicación visual e utilizalas conforme aos obxectivos comunicativos do proxecto.
    • EG. 9. Analizar o comportamento dos receptores do proceso comunicacional en función dos obxectivos do proxecto.
    • EG. 10. Aplicar métodos de verificación da eficacia comunicativa.
    • EG. 11. Dominar os recursos tecnolóxicos da comunicación visual.
    • EG. 12. Dominar a tecnoloxía dixital para o tratamento de imaxes, textos e sons.
    • EG. 13. Coñecer o contexto económico, social, cultural e histórico no que se desenvolve o deseño gráfico.
    • EG. 14. Comprender o marco legal e regulamentario que regula a actividade profesional, a seguridade e saúde laboral e a propiedade intelectual e industrial.
    • EG. 15. Reflexionar sobre a influencia social positiva do deseño, valorar a súa incidencia na mellora da calidade de vida e do medio ambiente e a súa capacidade para xerar identidade, innovación e calidade na produción.

  • Saber mais

    • CAL É A DENOMINACIÓN DA TITULACIÓN?

      A superación das ensinanzas artísticas superiores de Deseño dará lugar á obtención do Título Superior de Deseño, especialidade en Deseño Gráfico.

      Este título está incluído no nivel 2 do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior e será equivalente ao título universitario de grao.

    • PERFIL DE INGRESO RECOMENDADO

      A lexislación aplicable non establece un perfil de ingreso específico ou recomendable, se ben resulta aconsellable posuír un nivel de Bacharelato

    • CANTO DURAN AS ENSINANZAS SUPERIORES DE DESEÑO?

      O plan de estudos conducente á obtención do Título Superior de Deseño, abrangue 4 cursos académicos cun total de 240 créditos.
      Cada un dos cursos terá 60 créditos ECTS, cunha equivalencia de 25 horas por crédito, e a súa duración será de 38 semanas, incluíndo os períodos lectivos e os dedicados a outras actividades presenciais.
      O tipo de ensinanza é presencial e impártese en galego e castelán.

    • CANTAS PRAZAS DE NOVO INGRESO SE OFERTAN CADA CURSO?

      Cada curso poden entrar 20 prazas na especialidade de Deseño Gráfico.

       

    • CALES SON OS OBXECTIVOS?

      As ensinanzas artísticas superiores de Deseño terán como obxectivo xeral a formación cualificada de profesionais do Deseño nos ámbitos relativos á concepción, formulación, comunicación e dirección dos proxectos propios de cada especialidade, e á creación e investigación.

    • QUE PERFIL DE EGRESO TERÁ UNHA VEZ REMATADOS OS ESTUDOS?

      O perfil do Titulado/a Superior en Deseño corresponde ao dun profesional cualificado que acadou a madureza e a formación técnica e humanística necesarias para realizar de maneira plena a opción profesional máis adecuada ás súas capacidades e intereses, mediante o desenvolvemento de competencias comúns aos estudos de Deseño e na correspondente especialidade.

      Os Titulados/as Superiores en Deseño estarán capacitados para o exercicio da creación e da investigación.

    • CALES SON OS CRITERIOS DE ACCESO E ADMISIÓN?

      Para o acceso ás ensinanzas oficiais conducentes ao Título Superior en Deseño, requirirase cumprir os requisitos establecidos no artigo 12 do Real decreto 1614/2009, de 26 de outubro, e a superación da correspondente proba específica á que se refire o artigo 57.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.

      Para os maiores de dezanove anos de idade que non cumpran os requisitos establecidos no citado artigo 12, a Consellería competente en materia de Educación, regulará, convocará e organizará unha proba anual que acredite que o aspirante posúe a madureza en relación cos obxectivos do bacharelato e os coñecementos, habilidades e aptitudes necesarios para cursar con aproveitamento as correspondentes ensinanzas.

      A proba específica de acceso será única para as diferentes especialidades destas ensinanzas, e terá carácter unificado para todos/as os/as aspirantes.

      Poderá acceder ás ensinanzas superiores de Deseño sen necesidade de realizar a proba específica de acceso quen estea en posesión dun título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño, na porcentaxe que a Consellería competente en materia de educación determine.

    • PERMANENCIA

      Non se poderá realizar matrícula na mesma especialidade durante máis de oito anos académicos nun centro oficial dependente da consellería competente en materia de ensinanzas artísticas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia, sen prexuízo das convocatorias adicionais ou anulacións de convocatoria que lle fosen concedidas.

    • PÓDENSE RECOÑECER CRÉDITOS DOUTROS ESTUDOS?

      Sí. Para a transferencia e recoñecemento de créditos nas ensinanzas artísticas superiores de Deseño estarase ao disposto no artigo 10 do Real decreto 633/2010, do 14 de maio, así como no artigo 14 da Orde do 21 de Novembro de 2016 polo que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores.

    • ONDE PODO ATOPAR MÁIS INFORMACIÓN?

      Decreto 172/2015, do 29 de outubro, pola que se establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia.

      Orde do 21 de Novembro de 2016 polo que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores.

      E tamén o Real Decreto 1614/2009, de 26 de octubre, polo que se establece a ordenación das ensinanzas artísticas superiores reguladas pola Ley Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación.