O equipo de Dinamización da Lingua Galega acordou concederlles os premios en galego dos Traballos Fin de Estudos e dos Proxectos/Obras Finais do curso académico 2019-2020 ás seguintes alumnas:

  • ANA BOQUETE LÓPEZ, PREMIO TRABALLO FIN DE ESTUDOS NA MODALIDADE DE DESEÑO GRÁFICO
  • MARÍA LABANDEIRA GARCÍA E CARLA LÓPEZ AGUIÓN, PREMIO TRABALLO FIN DE ESTUDOS NA MODALIDADE DE DESEÑO DE INTERIORES

O premio conta cunha dotación económica de 100 euros que as estudantes galardoadas deberán gastar en libros naquelas librarías que teñan conta coa EASD Pablo Picasso.

Así mesmo, Ana, María e Carla, as tres estudantes premiadas, recibirán un diploma que acredita o traballo realizado na difusión da lingua galega.

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, felicitamos a Ana, María e Carla, non só polo premio recibido, senón tamén polo traballo e esforzo realizado a prol da valorización e normalización do galego no ámbito académico.

Parabéns, Ana, María e Carla!!!!