Segundo a Orde do 26 de xaneiro de 2021 emitida pola Consellería de Sanidade, dende hoxe mércores 27 de xaneiro e ata o 17 de febreiro, a actividade lectiva da Escola para a ser non presencial. O proceso educativo seguirá o establecido no Plan de Continxencia COVID19 e o Anexo ás NOF ante o peche de aulas e/ou centros, ambos documentos publicados na páxina web da Escola, no apartado de Secretaría: https://eapicasso.com/informacion/

Esto implica que a actividade académica pasa a realizarse a través dos medios telemáticos previstos pola Consellería de Educación, principalmente a Aula Virtual Moodle e videoconferencia (Webex)

Dende comezo de curso xa está previsto nas programacións a docencia nun escenario non presencial, polo que durante este tempo, seguirase o establecido nas correspondentes programacións segundo as indicacións dos docentes de cada módulo/disciplina.

Mentres duren estas medidas, respectaranse os horarios espellos publicados na páxina web da Escola, no apartado de Secretaría: https://eapicasso.com/informacion/

Lembramos que, segundo o que se recolle no Anexo ás NOF “O alumnado é titular dos mesmos dereitos e deberes no ensino non presencial, e, polo tanto, está obrigado a participar nas clases non presenciais con aproveitamento e sometido ás mesmas normas de convivencia independentemente da situación de peche ou confinamento.

Finalmente, se alguén necesita realizar algunha xestión na oficina da Escola, é preciso solicitar cita previa no formulario habilitado na nosa páxina web.