Organigrama

SISTEMA ORGANIZATIVO DA EASD

As competencias da Dirección das Escolas de Arte e Superiores de Deseño son as establecidas no artigo 132º da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.

ÓRGANOS UNIPERSOAIS DE GOBERNO

  • Dirección

    Director: Manuel Ándres Soto

    As competencias da dirección da EASD articulanse en torno a criterios de representación, de dirección e coordinación, de información e avaliación, de relación e colaboración e de réxime económico e administrativo. Pódense destacar as seguintes funcións:

    • Exercer a representación oficial da escola.
    • Cumprir e garantir o cumprimento da normativa.
    • Exercer a xefatura de todo o persoal adscrito ao centro.
    • Convocar e presidir os actos académicos e as reunións dos órganos de goberno.
    • Fomentar e facilitar os acordos e os convenios de colaboración con empresas, entidades e outras administracións.
    • Elaborar e executar o orzamento.
    • Xustificar a xestión económica do centro ante as administracións correspondentes.

  • Vicedirección

    Vicedirector: Mario García Herradón

    As competencias da vicedirección da EASD articulanse en torno a criterios de coordinación na escola, de información e orientación profesional, de calidade e de relación con empresas, estudos ou talleres. Pódense destacar as seguintes funcións:

    • Responsabilizarse da dirección do centro en caso de ausencia da persoa que a exerza.
    • Elaborar, ao remate do curso, unha memoria que avalíe todas as actuacións realizadas nesta área.
    • Coordinar e velar pola execución das actividades de orientación do profesorado e do alumnado.
    • Coordinar a implantación e o desenvolvemento, baixo o liderado da dirección do centro, do sistema de xestión da calidade e mellora continua.
    • Fomentar e planificar o deseño de proxectos de uso pedagóxico das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
    • Dirixir o plan interno de actividades de formación do profesorado da escola.
    • Supervisar a realización do programa de formación en empresas, estudos ou talleres.

  • Xefatura de Estudos

    Xefe de Estudos: Francisco Javier Martín Aláez

    As competencias da xefatura de Estudos da EASD articulanse en torno a criterios de coordinación na escola, de organización de actividades formativas, de organización do persoal docente e de relacións na escola. Pódense destacar as seguintes funcións:

    • Responsabilizarse da dirección do centro en caso de ausencia das persoas que exerzan a dirección e a vicedirección do centro.
    • Exercer, por delegación da dirección e baixo a súa autoridade, a xefatura do persoal docente e do alumnado, en relación ao réxime académico e disciplinario.
    • Elaborar as propostas de oferta das ensinanzas do centro.
    • Planificar todas as ensinanzas que se impartan no centro, actualizando a distribución de espazos.
    • Organizar, coordinar e supervisar as actividades e as probas de avaliación das actividades formativas impartidas no centro.
    • Elaborar os horarios correspondentes á oferta formativa e ao profesorado.
    • Proporlle á administración competente as necesidades de profesorado, tanto na creación como na supresión de prazas.
    • Organizar os actos académicos e coordinar as actividades dos departamentos das familias profesionais presentes na escola.

  • Secretaría

    Secretario: José Juan Díaz Vieites

    As competencias da secretaría da EASD articulanse en torno a criterios de coordinación na escola, De xestión de material, De actividades complementarias e extraescolares  Pódense destacar as seguintes funcións:

    • Ordenar o réxime administrativo da escola, consonte as directrices da dirección.
    • Establecer o plan de autoprotección.
    • Encargarse da xestión económica e administrativa integral do centro.
    • Elaborar o anteproxecto de orzamento do centro de acordo coas directrices da xunta de escola.
    • Ordenar o réxime económico do centro consonte as instrucións da dirección.
    • Expedir as certificacións que soliciten as autoridades e as persoas interesadas.
    • Custodiar o inventario xeral do centro e mantelo actualizado.
    • Coordinar a organización das viaxes de estudos, os intercambios escolares e calquera tipo de viaxes que se realicen co alumnado.
    • Distribuír os recursos económicos destinados ás actividades complementarias.

ÓRGANOS COLEXIADOS DE GOBERNO

  • Xunta de Escola

    A xunta de escola é o órgano de participación da comunidade educativa nas escolas de arte e superiores de deseño e terá a seguinte composición: A dirección da escola, que exercerá a súa presidencia, a vicedirección da escola, a xefatura de estudos da escola, un/unha representante do concello do municipio no que estea situada a escola, un/unha representante do persoal de administración e servizos da escola, o secretario/a da escola, sete docentes elixidos/as por e entre os membros do claustro, sete representantes do alumnado, un/unha representante dos pais, nais ou titores/as legais do alumnado menor de idade e un/unha representante das empresas ou institucións que colaboren coa escola na realización das prácticas externas ou prácticas en empresas, estudos ou talleres.

    As competencias da xunta de escola das escolas de arte e superiores de deseño son as establecidas no artigo 127º da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e son, entre outras:

    • Formular propostas ao equipo directivo para a elaboración do proxecto funcional e o plan anual do centro, e das normas de organización e funcionamento.
    • Aprobar o proxecto xeral de orzamento e a súa execución.
    • Analizar e avaliar a organización e o funcionamento xeral da escola.
    • Propoñer medidas e iniciativas que favorezan a convivencia na escola, a igualdade entre homes e mulleres e a resolución pacífica de conflitos.
    • Coñecer a iniciación e resolución dos expedientes disciplinarios ao alumnado e velar pola súa adecuación á normativa vixente.
    • Establecer os criterios para colaborar, con fins educativos e culturais, coas administracións locais e autonómicas, centros docentes, e outras entidades públicas e privadas.

  • Claustro de profesorado

    • Acera, Lourdes
    • Alfonzo, Carlos
    • Alonso Oural, Miguel
    • Álvarez Franco,
      Xavier
    • Carracedo, Diego
    • Castro, Santiago
    • Cousiño, Marta
    • Díaz Vieites,
      José Juan
    • Fernández, Manuel
    • Fernández, Marta
    • Fernández, Samuel
    • García Herradon, Mario
    • González, Ana
    • González, María José
    • Iglesias, Elena
    • Isla, Carlos
    • López, Nicolás
    • López Torres, Clara
    • López Vila, Javier
    • Lorenzo, María Isabel
    • Macho, Javier
    • Martín Aláez, Francisco
    • Orosa Paz, Francisco Javier
    • Otero, Manuel
    • Pardo, Elena
    • Porral, Gonzalo
    • Rafael, Marta
    • Rodríguez, Marta
    • Salgado, Antía
    • Salgado, Concha
    • Soto, Manuel
    • Teixeiro, Luis
    • Varela, Gonzalo
    • Vázquez, Sonia
    • Villanueva, Bernardo

    O claustro de profesorado é o órgano de participación do profesorado no goberno da escola e ten a responsabilidade de planificar, coordinar, decidir e  informar sobre os aspectos docentes.  Estará integrado por todas as persoas do cadro de persoal docente da escola e será presidido polo seu director/a.

    As competencias do claustro de profesorado das escolas de arte e superiores de deseño son as establecidas no artigo 129º da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e son, entre outras:

    • Formularlle ao equipo directivo e á xunta de escola propostas para a elaboración do proxecto funcional e do plan anual.
    • Promover iniciativas nos ámbitos da experimentación, da investigación e da innovación pedagóxica, e da formación do profesorado.
    • Participar na elaboración dos plans de mellora da calidade.
    • Avaliar os aspectos docentes do plan anual e informar sobre o seu grao de cumprimento.

ÓRGANOS DE COORDINACIÓN

  • Departamento de relación con empresas, estudos ou talleres

    Xefe de Departamento: Luis Torres Padín

    O departamento de relación con empresas, estudos ou talleres estará composto polos titores ou as titoras de formación en empresas, estudos ou talleres da escola. Son competencias deste departamento, entre outras:

    • Establecer as relacións para a concreción dos convenios ou acordos de colaboración coas empresas, estudos ou talleres do ámbito socio-produtivo e artístico para a realización das actividades da escola.
    • Promover os convenios ou acordos con empresas, entidades ou institucións para a realización do módulo de formación en empresas, estudos ou talleres.
    • Detectar as necesidades de actualización de equipamentos do centro, a través do coñecemento da realidade empresarial do contorno.
    • Supervisar e dirixir os programas de formación en empresas, estudos ou talleres.
    • Asesorar as persoas responsables das titorías de formación en empresas, estudos ou talleres en todos os puntos necesarios para unha correcta realización deste módulo de prácticas nas empresas, estudos ou talleres.
    • Potenciar mediante a relación con empresas, estudos ou talleres, a inserción laboral do alumnado do centro.

  • Coordinación de TIC

    Coordinador: Santiago Castro Gil


    Son funcións do coordinador ou da coordinadora de TIC, entre outras:

    • Colaborar na implantación, no desenvolvemento e no mantemento dos recursos tecnolóxicos do centro e nos programas de formación do profesorado.
    • Establecer relacións con administracións, entidades, empresas e institucións para o desenvolvemento de actividades ou proxectos relacionados coas novas tecnoloxías.
    • Promover e coordinar a elaboración e a actualización da páxina web do centro.
    • Colaborar coa xefatura da área de administración e xestión na xestión e no mantemento dos recursos dispoñibles, así como na adquisición de equipamento.
    • Velar polo mantemento das instalacións e do equipamento informático do centro.
    • Promover a biblioteca como un espazo común, de uso e intercambio de experiencias das tecnoloxías da información e da comunicación en colaboración coa persoa encargada da coordinación da biblioteca.

  • Coordinación de biblioteca

    Coordinador: Manuel Otero Parra

    Son funcións do coordinador ou da coordinadora da biblioteca, entre outras:

    • Elaborar o plan anual da biblioteca escolar do centro así como unha memoria final.
    • Realizar o tratamento técnico dos fondos (seleccionar, organizar, clasificar e catalogar os recursos da colección) nos distintos soportes e formatos.
    • Difundir os recursos informativos existentes e as súas posibilidades de consulta e aproveitamento entre toda a comunidade do centro.
    • Definir os criterios para o préstamo e atender o servizo da biblioteca da escola.
    • Coordinar as actuacións do equipo de biblioteca co resto dos departamentos a través das súas xefaturas, coa persoa encargada da coordinación do equipo de dinamización da lingua galega e coa persoa encargada da coordinación de TIC.

  • Equipo de dinamización da lingua galega

    Coordinador: Manuel Fernández González

    Para potenciar o uso da lingua galega, constituirase en cada escola un equipo de dinamización da lingua galega do que formarán parte os distintos colectivos da comunidade educativa coa seguinte distribución: tres representantes do profesorado, dous/dúas representantes do alumnado e un/unha representante do persoal non docente. As competencia do equipo de dinamización da lingua galega son, entre outras:

    • Presentar a través do claustro propostas ao equipo directivo para a fixación de obxectivos de dinamización da lingua galega.
    • Deseñar un programa anual de promoción da lingua galega.

  • Departamento de calidade e promoción das ensinanzas

    Xefa de Departamento: Antía Salgado Mesa

    O departamento de calidade e promoción das ensinanzas estará composto polas xefaturas dos departamentos da escola.Incluiranse as figuras dos coordinadores ou das coordinadoras de formación do profesorado, de tecnoloxía da información e da comunicación (TIC), de biblioteca e de programas internacionais. Son competencias deste departamento, entre outras:

    • Deseñar e implantar os procedementos do plan de xestión de calidade e mellora continua.
    • Dirixir e coordinar as auditorías internas ou externas en función do establecido no plan de xestión de calidade.
    • Dirixir e coordinar as actividades referidas á innovación educativa e tecnolóxica.
    • Realizar o seguimento do plan de actividades de formación do profesorado.
    • Organizar o mantemento do equipamento do centro relacionado coas tecnoloxías da información.

  • Coordinación de programas internacionais

    Coordinadora: Milagros Sánchez Landeira

    Son funcións do coordinador ou da coordinadora de programas internacionais, entre outras:

    • Fomentar os proxectos internacionais de colaboración con outros centros, e outras entidades e asociacións dentro e fóra do país.
    • Informar a comunidade do centro sobre as posibilidades de realización de prácticas ou estadías no estranxeiro para alumnado ou persoas tituladas.
    • Motivar ao profesorado e ao alumnado para participaren en programas internacionais.
    • Tramitar todas as solicitudes e a documentación necesaria para a participación do centro nos programas internacionais.

  • Coordinación de formación do profesorado

    Coordinador: Xavier Álvarez Franco

    Son funcións do coordinador ou da coordinadora de formación do profesorado, entre outras:

    • Establecer relacións con administracións, entidades, institucións e empresas, estudos ou talleres para o desenvolvemento de proxectos ou actividades de investigación.
    • Asesorar os membros da escola acerca das posibilidades de colaboración con outras administracións, entidades, institucións, empresas, estudos ou talleres para o desenvolvemento de proxectos de investigación.
    • Recoller necesidades de formación do profesorado e realizar o plan de formación do profesorado de cada familia profesional da escola.
    • Asesorar na tramitación das solicitudes e da documentación necesaria para a participación do profesorado nas actividades de formación e nos proxectos de innovación educativa e de investigación.

  • Departamentos de familias profesionais

    X.D. EEAASS Deseño Gráfico: Elena Pardo Antequera

    X.D. EEAASS Deseño de Interiores: Nicolás López Ciprián

    X.D. EEAAPP Deseño Gráfico: Javier Macho Eiras

    X.D. EEAAPP Deseño Produto: Carlos Isla Fernández

    Nas escolas de arte e superiores de deseño constituiranse departamentos de familia profesional, que estarán compostos por todo o profesorado que imparta as ensinanzas propias da familia profesional.

    Son competencias dos departamentos de familia profesional son, entre outras:

    • Proporlle á xefatura da área de formación as medidas organizativas necesarias para un axeitado funcionamento das actividades formativas que desenvolva o departamento.
    • Elaborar antes do comezo do curso académico a programación das ensinanzas correspondentes.
    • Organizar e realizar as probas necesarias para o alumnado con materias ou módulos pendentes.
    • Resolver as reclamacións derivadas do proceso de avaliación.
    • Proporlle á xefatura da área de formación a distribución horaria entre os membros da familia profesional.