Xestión do deseño gráfico

  • Identificación

    Datos da disciplina

    • Tipo: Teórica (T.)
    • Curso: 4º
    • Créditos ECTS: 6
    • Duración: Anual
    • Horas de clase semanais: 2
    • Horas de traballo non presencial: 72
    • Horas de titoría: 6

  • Descrición

    2.1. Descritores

    • Comunicación e marketing do deseño gráfico. Recursos, custos e organización da actividade profesional.
    • O valor do deseño gráfico.
    • Métodos de investigación e experimentación propios da materia.

    2.2. Relación con outras disciplinas de contidos progresivos.

    • Esta disciplina non ten relación con outras disciplinas de contidos progresivos.

    2.3. Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

    • Esta disciplina permite que o alumnado coñeza os principios, métodos e técnicas de organización e xestión empresarial para o exercicio da súa actividade profesional, a comunicación e a relación cos seus clientes e outros axentes empresariales, así como aplicar métodos e técnicas de investigación e mercadotecnia para asegurar a viabilidade dos seus proxectos.
      Por outra banda, capacita ao alumno para comprender o valor do deseño para a consecución dos obxectivos empresariais, formulando e analizando modelos de negocio nos que o deseño gráfico constitúa a principal fonte de aportación de valor.

    2.4. Metodoloxía

    Actividades introductorias

    Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

    Exposición maxistral
    Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

    Prácticas presenciais
    Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

    Prácticas non presenciais
    Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

    Exposición e debate
    Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

    Titorías docentes
    A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

    Actividades de avaliación

    • Formativa.
      • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
      • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.
    • Sumativa.
      • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
      • Establecer balances dos resultados.

    Actividades complementarias

    Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

  • Obxectivos

    • Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

  • Competencias

    4.1. Competencias transversais

    T.1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.

    T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.

    T.3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.

    T.8. Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos.

    T.15. Traballar de forma autónoma e valorar a importancia da iniciativa e o espírito emprendedor no exercicio profesional.

    4.2. Competencias xerais

    X.9. Investigar nos aspectos intanxibles e simbólicos que inciden na calidade.

    X.18. Optimizar a utilización dos recursos necesarios para alcanzar os obxectivos previstos.

    X.20. Comprender o comportamento dos elementos que interveñen no proceso comunicativo, dominar os recursos tecnolóxicos da comunicación e valorar a súa influencia nos procesos e produtos do deseño.

    4.3. Competencias específicas da titulación

    E.G.5. Establecer estruturas organizativas da información.

    E.G.13. Coñecer o contexto económico, social, cultural e histórico en que se desenvolve o deseño gráfico.

    E.G.14. Comprender o marco legal e regulamentario que regula a actividade profesional, a seguridade e saúde laboral e a propiedade intelectual e industrial.

  • Organización

    5.1. Contidos

    • Elementos básicos da xestión empresarial.
    • Relacións entre o deseño e a empresa.
    • Fundamentos da xestión do deseño na empresa.
    • Características do sector do deseño e da comunicación.
    • Principios do marketing e a comunicación do deseño.

    5.2. Organización

    Distribución horaria

    Xestion do deseno grafico

    ● Horas presenciais

    ● Horas non presenciais

    ● Titorías

  • Avaliación

    • A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
    • A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.