Para acceder ao módulo de Taller Cerámico será preciso estar en posesión do título de bacharel ou título declarado equivalente, e superar unha proba de acceso específica.
Estarán exentos de realizar a proba de acceso específica aqueles aspirantes que estén en posesión de :
- a) Calquera título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño da familia profesional artística de Cerámica Artística, ou título declarado equivalente.
- b) Título de bacharel, modalidade de artes, ou de bacharelato artístico experimental.
- c) Título superior de Artes Plásticas e título superior de Deseño nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
- d) Título superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais, nas súas diferentes especialidades.
- e) Licenciatura en Belas Artes.
- f) Arquitectura.
- g) Enxeñería Técnica en Deseño Industrial.
Tamén, será posible acceder sen estar en posesión de nengún dos títulos mencionados anteriormente, superando unha proba de madureza, ademáis da proba específica.
No caso de que non se cubrisen as prazas ofertadas, é posible acceder ao Taller cerámico como Estudos Monográficos.