Este ano convidamos de novo aos profesionais de “Rotulación a mano”, que son dos poucos artesanos de rotulación a mano e verre églomisé que aínda traballa en España. Nesta ocasión será Diego Apesteguía quen nos explicará como gañar a vida coas mans.

Diego Apesteguia, Premio Nacional de Artesanía 2016 en emprendemento,
desenvolverá unha conferencia-coloquio baixo o título:
” Como gañarse a vida coas Arts and Crafts”, na que exporá o seu
enfoque profesional das técnicas pictóricas da rotulación artística.
Terá lugar no salón de actos da EASD Pablo Picasso, o martes 8 de Maio
ás 11:00 horas.

” Rotulación a mano”, buscan recuperar os rótulos antigos e as
fachadas comerciais clásicas, polo valor histórico, urbanístico e
visual que aportan ás nosas cidades e vilas, lembrando épocas nas que se
coidában moito as fachadas, que perdurarían ao longo das
xeracións. Pero tamén que as mesmas técnicas como o dourado con pan
de ouro, o rotulado e o gravado sobre cristal teñan vixencia nas
producións actuais, dado que nada se equiparou aínda  en calidade
técnica e artística.

Máis info: www.rotulacionamano.com