Instruccións sobre a proba de acceso ás Ensinanzas Artísticas Superiores (EEAASS): Deseño Gráfico e Deseño de Interiores.

A Consellería de Educación ven de publicar a convocatoria que regula o acceso ás Ensinanzas Artísticas Superiores. Para o vindeiro curso 2019/20 ofértanse as seguintes prazas de novo acceso para a EASD Pablo Picasso:

  • Deseño Grafico: 16 prazas para acceso con proba e 4 prazas para acceso directo (total: 20 prazas)
  • Deseño de Interiores: 16 prazas para acceso con proba e 4 prazas para acceso directo (total: 20 prazas)

As datas máis destacadas son:

    • Perídodo de inscrición para as probas e para os accesos directos:
      • Proba de madureza: ata o venres 7 de xuño de 2019.
      • Proba específica: ata o venres 7 de xuño de 2019.
      • Acceso directo: ata o venres 7 de xuño de 2019.
    • Datas e horario das probas de acceso:
    • Datas matrícula novo ingreso: 
      • Primerio prazo: do 19 ao 24 de xullo de 2019.
      • Segundo prazo: do 2 ao 4 de setembro de 2019.
      • Terceiro prazo: do 16 ao 18 de setembro de 2019.

Estas datas son un resumo con carácter informativo dos puntos más destacados da normativa de Acceso e Admisión, que pode ser consultada no seguiste enlace: RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan as instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2019/20.

Para aqueles interesados en cursar as Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño no próximo curso 2019/20 podedes consultar o apartado de Preguntas Frecuentes EEAASS, na que atoparedes un resumo dos requisitos, documentación a presentar e modelos de exames de convocatorias de acceso de anos anteriores, así como tamén os plans de Estudos de Deseño Gráfico e de Deseño de Interiores.

Neste mesmo espazo publicaranse todas as listaxes relacionadas co desenvolvemento das probas de acceso (inscritos provisionais, definitivos, cualificacións, etc).

Enlaces de interese: