Datos da disciplina
- Web escolas: www.eapicasso.com
- Mail: escola.arte.pablo.picasso@edu.xunta.es
- Materia: Tecnoloxía aplicada ao deseño gráfico
- Disciplina: Laboratorio de imaxe
- Carácter: Obrigatoria na especialidade (O.E.)
Datos da disciplina
2.1. Descritores
2.2. Relación con outras disciplinas de contidos progresivos.
2.3. Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación
Laboratorio da Imaxe pretende dar a coñecer e utilizar a imaxe dixital como unha ferramenta máis na xeración de mensaxes e na comunicación de contidos de natureza diversa para as diferentes canles da comunicación, así como iniciarse nas técnicas esenciais da imaxe dixital.
2.4. Metodoloxía
Actividades introductorias
Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.
Exposición maxistral
Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.
Prácticas presenciais
Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.
Prácticas non presenciais
Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.
Exposición e debate
Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.
Titorías docentes
A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.
Actividades de avaliación
Actividades complementarias
Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.
4.1. Competencias transversais
T.4. Utilizar eficientemente as tecnoloxías da información e a comunicación.
T.8. Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos.
T.15. Traballar de forma autónoma e valorar a importancia da iniciativa e o espírito emprendedor no exercicio profesional.
4.2. Competencias xerais
X.2. Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación.
X.20. Comprender o comportamento dos elementos que interveñen no proceso comunicativo, dominar os recursos tecnolóxicos da comunicación e valorar a súa influencia nos procesos e produtos do deseño.
4.3. Competencias específicas da titulación
E.G.2. Dominar os recursos formais da expresión e a comunicación visual.
E.G.8. Coñecer as canles que sirvan de soporte á comunicación visual e utilizalas conforme aos obxectivos comunicativos do proxecto.
E.G.10. Aplicar métodos de verificación da eficacia comunicativa.
E.G.11. Dominar os recursos tecnolóxicos da comunicación visual.
5.1. Contidos