Consultade este pequeno titorial de como rexistrarse coa Chave 365 e crear a solicitude para inscribirse nas probas de acceso ás Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño.

Lembramos que para poder comezar co proceso de inscrición, primeiro hai que solicitar a Chave 365 (nos lugares habituais) e ademais, o prazo debe estar aberto (a partir do día seguinte da publicación da convocatoria de acceso no DOG).

A web para facer a inscrición telemática é: https://www.edu.xunta.es/eas/