A Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña organiza un obradoiro de iniciación á Fotografía impartido polo profesor Bernardo Villanueva Fernández.

Esta actividade, cunha duración total de 27 horas, comezará o 2 de maio e rematará o 30 de maio; as clases serán os mércores e os xoves, en horario de 18 ás 21 horas.
O número de asistentes será de 12 persoas.

O curso ofrécese a calquera persoa que non estea matriculada na Escola, que non sexa persoal na EASD Pablo Picasso e que teña máis de 18 anos de idade.
O curso é gratuíto, o centro aportará o material básico e imprescindible.
Para poderes asistir a esta actividade, é precisa a inscrición para a realización dunha proba de selección. A inscrición a esta proba realizarase do 23 ao 25 de abril na oficina de EASD Pablo Picasso, en horario de 9 ás 21 horas. Deberase presentar o formulario adxunto, debidamente cumprimentado, e unha copia do DNI.

Esta proba determinará as 12 persoas que, logo de formalizar a matrícula pertinente, asistirán ao obradoiro. Unha vez rematado o obradoiro, entregarase acada un dos participantes un certificado de asistencia e aproveitamento.

Descarga toda a información e a folla de inscrición en formato PDF