Os asistentes ás proxeccións de AnimAcción 2019 deciden co seu voto a obra gañadora do festival.

Unha selección das obras da nova xeración de animadores poderánse contemplar no salón de actos da EASD Pablo Picasso. Esperámosvos o xoves 12 de decembro ás 12:00 horas.

A entrada, para maiores de 13 anos, é libre ata completar aforo.

Durante algo máis de 90 minutos, os asistentes poderán disfrutar de 15 curtametraxes de animación.

Esta é a III edición do festival organizado por “Asociación Cultural Sen Ánimo de Nome”. Para máis información podedes visitar a páxina de Facebook da asociación.