Se tes unha empresa, estudo ou taller e queres colaborar coa EASD Pablo Picasso para acoller ao alumnado na fase Formación en Centros de Traballo, esta información pode interesarte:
- O alumnado conta cun seguro de responsabilidade civil asinado pola Consellería de Educación; a empresa só ten que asinar o convenio de colaboración coa EASD.
- Non é necesario realizar un contrato laboral, xa que é un período de formación e non se establece relación laboral entre empresa e alumnado. E por este motivo, tampouco hai abono de retribucións por parte da empresa.
- A xornada na empresa será de 8 horas/día (máximo) ate completar un total de 250 horas, cun horario acordado previamente entre a empresa e o alumnado.