INFORMACIÓN XERAL
Que é unha EASD?
Unha EASD é unha Escola de Arte e Superior de Deseño.
En Galicia hai 4 Escolas de Arte e Superiores de Deseño de titularidade pública, dependentes da Xunta de Galicia:
• EASD Pablo Picasso, en A Coruña.
• EASD Mestre Mateo, en Santiago de Compostela.
• EASD Ramón Falcón, en Lugo.
• EASD Antonio Failde, en Ourense.
Que se pode estudar nunha EASD?
Nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño pódense estudar:
• Ensinanzas Artísticas Profesionais (EEAAPP): Ciclos Superiores de Artes Plásticas e Deseño en distintas especialidades. (2 cursos, con prácticas en empresas e realización de obra final)
• Ensinanzas Artísticas Superiores (EEAASS) en Deseño: Titulacións superiores equivalentes a todos os efectos aos títulos de Grao universitarios. (4 cursos, con prácticas en empresas e Traballo Fin de Estudos)
Que Especialidades de Deseño se poden estudar na EASD Pablo Picasso?
Podes matricularte nas EEAASS en Deseño Gráfico e tamén nas EEAASS en Deseño de Interiores.
SOBRE A INSCRICIÓN NAS PROBAS DE ACCESO ÁS EEAASS DE DESEÑO
Podo inscribirme na EASD Pablo Picasso se non teño Selectividade?
Si. Para o acceso ás EEAASS de Deseño non é requisito ter realizadas nen superadas as probas de Selectividade, xa que o acceso a ditas Ensinanzas realízase a través dunha proba de acceso específica.
Se non teño aínda o bacharelato aprobado pero vou aprobar na convocatoria extraordinaria, podo acceder a estudar Deseño o vindeiro curso?
Si. Ao facer a solicitude de inscrició marcarás a opción: “Pendente o Título de Bacharelato”. Unha vez superado, deberás aportar a documentación na Secretaría da Escola antes de realizar as probas. Recomendación: no caso de que non esteas seguro/a de aprobar, tamén podes facer as probas de madureza.
Se non teño o título de Bacharelato, nen o vou ter, podo acceder a estudar Deseño o vindeiro curso?
Si. Se tes máis de 18 anos ou os cumpres neste ano, tes que inscribirte (no prazo establecido cando se publique a convocatoria) para facer as probas de madureza.
Se xa aprobei a proba de madureza en cursos anteriores, teño que volver facela?
Non. O certificado de ter superado a proba de madureza é válido para sempre; terás que entregar fotocopia cotexada no momento de facer a inscrición. Se traes a fotocopia e o orixinal na Secretaría te cotexan as fotocopias para entregar.
Se non teño bacharelato pero teño superada a proba de acceso a ciclo superior teño que presentarme á proba de madurez igualmente?
Si. A superación da proba de acceso a un ciclo de grao superior non exime da proba de madureza de acceso ás ensinanzas superiores, xa que se trata de ensinanzas de diferente nivel.
Se teño aprobada a proba de acceso en convocatorias anteriores, teño que repetir a proba este curso?
Si, as probas so teñen validez para a convocatoria do curso no que se convocan. Aínda que teñas a proba aprobada doutros anos, tes que inscribirte de novo e repetila.
Como podo facer a inscrición ás probas de acceso?
Podese facer por dúas vías:
1. Telemática: cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/reximeespecial, e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requirida na secretaría de calquera das Escolas de Arte e Superiores de Deseño en horario de 9 a 14:00h.
2. Presencial: O impreso de solicitude estará dispoñible na web da Escola (www.eapicasso.com) para poder descargalo e entregalo debidamente cumprimentado coa documentación necesaria. Tamén podes recollelo na Secretaría da EASD Pablo Picasso en horario de 9 a 14:00 ou polas tardes ata as 21:00 na Conserxería.
A entrega da documentación cumplimentada será únicamente na secretaría de calquera das Escolas de Arte e Superiores de Deseño en horario de 9 a 14:00h.
As persoas aspirantes que só dispoñan de pasaporte deberán realizar a inscrición só de maneira presencial.
Que debo indicar na solicitude?
Na solicitude deberanse indicar, por orde de preferencia e ata un máximo de 4 opcions:
– as especialidades que se desexan cursar (gráfico, interiores, moda ou producto). O primeiro curso é común a todas as especialidades e, no caso de que queiras cambiar en segundo curso, poderías facelo no caso de que houbera prazas dispoñibles.
– a EASD na que as desexan cursar (Coruña, Lugo, Ourense ou Santiago). É recomendable seleccionar máis dunha Escola, por se non se accede á elexida en primeiro lugar.
Que documentación hai que presentar ao facer a inscrición?
• Fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte.
• Resgardo do abono das taxas segundo os modelos indicados na convocatoria.
• Fotocopia cotexada da documentación acreditativa que corresponda (Título universitario, de bacharelato, de técnico superior de artes plásticas..). Se traes a fotocopia e o orixinal na Secretaría cotexan as fotocopias para entregar.
• Certificado de proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
• Certificado de ter superado a proba de madurez para maiores de 18 anos en convocatoria anterior.
• Documento acreditativo do grao de discapacidade.
• Documento acreditativo da condición de deportista galego de alto nivel.
Que título fai falta para poder optar ao acceso directo nas EEAASS de Deseño?
Un título Título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño en calquera especialidade, como por exemplo os títulos de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño en Fotografía, Ilustración, Escultura ou Dourado que se imparten na Escola.
Se solicito o acceso directo, iso quere dicir que xa obteño praza?
Non. Soamente se ofertan un 20% das prazas para os que optan polo acceso directo. Tanto para os estudios de Deseño Gráfico como de Deseño de Interiores, ofértanse 20 prazas de novo ingreso, o que implica que haberá 4 prazas en Gráfico e 4 prazas en Interiores para os aspirantes que opten polo acceso directo.
No caso de que haxa máis solicitudes que prazas, o criterio de adxudicación, será en función da nota final do expediente académico do ciclo superior de Artes Plásticas alegado para o dito acceso directo.
Se estou a piques de obter o título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño, podo optar pola modalidade de Acceso directo? No caso de que só teña pendente a avaliación do proxecto final para a obtención do título.
Si, se aportas o título no momento de facer a matrícula.