INFORMACIÓN XERAL
Que é unha EASD?
Unha EASD é unha Escola de Arte e Superior de Deseño.
En Galicia hai 4 Escolas de Arte e Superiores de Deseño de titularidade pública, dependentes da Xunta de Galicia:
• EASD Pablo Picasso, en A Coruña.
• EASD Mestre Mateo, en Santiago de Compostela.
• EASD Ramón Falcón, en Lugo.
• EASD Antonio Failde, en Ourense.
Que se pode estudar nunha EASD?
Nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño pódense estudar:
• Ensinanzas Artísticas Profesionais (EEAAPP): Ciclos Superiores de Artes Plásticas e Deseño en distintas especialidades. (2 cursos, con prácticas en empresas e realización de obra final)
• Ensinanzas Artísticas Superiores (EEAASS) en Deseño: Titulacións superiores equivalentes a todos os efectos aos títulos de Grao universitarios. (4 cursos, con prácticas en empresas e Traballo Fin de Estudos)
Que Especialidades profesionais se poden estudar na EASD Pablo Picasso?
Podes matricularte nos seguintes Ciclos Superiores:
• Fotografía.
• Ilustración.
• Escultura aplicada ao espectáculo.
• Dourado, prateado e policromía artísticos.
Podes matricularte na seguinte Oferta Modular:
• Taller cerámico.
• Taller de madeira.
SOBRE A INSCRICIÓN NAS PROBAS DE ACCESO ÁS ENSINANZAS ARTÍSTICAS PROFESIONAIS
Podo inscribirme na EASD Pablo Picasso se non teño Selectividade?
Si. Para o acceso aos Ciclos Superiores non é requisito ter realizadas nen superadas as probas de Selectividade, xa que o acceso a ditas Ensinanzas realízase a través dunha proba de acceso específica.
Se non teño aínda o bacharelato aprobado pero vou aprobar na convocatoria extraordinaria, podo acceder a estudar un Ciclo Superior o vindeiro curso?
Si. Ao facer a solicitude de inscrició marcarás a opción: “Pendente o Título de Bacharelato”. Unha vez superado, deberás aportar a documentación na Secretaría da Escola antes de realizar as probas. Recomendación: no caso de que non esteas seguro/a de aprobar, tamén podes facer as probas de madureza.
Se non teño o título de Bacharelato, nen o vou ter, podo acceder a estudar Ciclo Superior o vindeiro curso?
Si. Se tes máis de 19 anos ou os cumpres neste ano, tes que inscribirte (no prazo establecido cando se publique a convocatoria) para facer as probas de madureza.
Se xa aprobei a proba de madureza en cursos anteriores, teño que volver facela?
Non. O certificado de ter superado a proba de madureza é válido para sempre; terás que entregar fotocopia cotexada no momento de facer a inscrición. Se traes a fotocopia e o orixinal na Secretaría cotexan as fotocopias para entregar.
Se teño aprobada a proba específica de acceso en convocatorias anteriores, teño que repetir a proba este curso?
Si, as probas específicas só teñen validez para a o curso no que se convocan. Aínda que teñas a proba superada doutros anos, tes que matricularte de novo e repetila.
Onde teño que facer a inscrición ás probas de acceso?
A inscrición farase na Secretaría da Escola elixida en primeira ou única opción. Se queres estudar Fotografía, Ilustración, Escultura, Dourado ou Oferta Modular, terás que entregar a solicitude de inscrición na Secretaría da EASD Pablo Picasso no prazo establecido cando se publique a convocatoria de acceso.
Podo facer a inscrición por internet?
Non. A solicitude terá que ser entregada na Secretaría da EASD Pablo Picasso, xunto coa documentación que proceda.
O impreso da solicitude estará dispoñible na web da Escola www.eapicasso.com para poder descargalo e entregalo debidamente cumprimentado coa documentación necesaria na Secretaría. Tamén podes recoller os impresos tanto da solicitude na Secretaría da EASD Pablo Picasso en horario de 9 a 14:00 ou polas tardes ata as 21:00 na Conserxería.
A entrega da documentación cumplimentada será únicamente na Secretaría en horario de 9 a 14:00.
Que documentación hai que presentar ao facer a inscrición?
• Fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte
• Fotocopia cotexada da documentación acreditativa que corresponda (por exemplo: Título de bacharelato, ou certificación académica en que conste o depósito do título; título de técnico superior de artes plásticas e deseño e certificación académica..). Se traes a fotocopia e o orixinal na Secretaría cotexan as fotocopias para entregar.
• Certificado de proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
• Certificado de ter superado a proba de madurez para maiores de 19 anos en convocatoria anterior.
Que título fai falta para poder optar ao acceso directo a un Ciclo Superior?
Podes ter acceso directo cos seguintes títulos:
• Título de bacharelato de Artes ou Bacharelato artístico experimental
• Título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño dunha familia profesional relacionada co ciclo ao que se pretende acceder, como por exemplo os títulos de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño en Fotografía, Ilustración, Escultura ou Dourado que se imparten na Escola.
• Título Superior en artes plásticas, en deseño ou en conservación e restauración de bens culturais.
• Título de arquitecto, licenciatura en Belas Artes ou título de enxeñeiro técnico industrial.
• Experiencia Laboral de polo menos 1 ano.
Se solicito o acceso directo, iso quere dicir que xa obteño praza?
Non. Soamente se ofertan un 50% das prazas para os que optan polo acceso directo. Nos Ciclos Superiores de Ilustración e Fotografía, ofértanse 30 prazas de novo ingreso en cada especialidade, o que implica que haberá 15 prazas en cada unha para os aspirantes que opten polo acceso directo. Nos Ciclos Superiores de Escultura, Dourado ou Oferta Modular, ofértanse 15 prazas de novo ingreso, o que implica que haberá 8 prazas en cada un das especialidades para os aspirantes que opten polo acceso directo. No caso de que haxa máis solicitudes que prazas, o criterio de adxudicación, será en función da titulación alegada e da nota final do expediente académico.
Se estou a piques de obter o título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño, podo optar pola modalidade de Acceso directo? No caso de que só teña pendente a avaliación do proxecto final para a obtención do título.
Si, aínda que dependería do cálculo da nota final do expediente e de quedaran prazas libres.
Se non teño decidida a especialidade, podo facer as probas e logo escoller?
Non, as probas de acceso específicas son diferentes en funciónda familia profesional que se quere estudar.