Proxecto interdisciplinar

Datos da disciplina

  • Tipo: Teórico-práctica (T.P)
  • Curso: 4º
  • Créditos ECTS: 12
  • Duración: Anual
  • Horas de clase semanais: 4
  • Horas de traballo non presencial: 216
  • Horas de titoría: 12

Descritores

Métodos de investigación no deseño. O proceso proxectual como investigación. Deseño publicitario. O traballo en equipo.
Tecnoloxía dixital para a presentación e a comunicación do proxecto.
Elaboración de proxectos interdisciplinares integrados.
Métodos de investigación e experimentación propios da materia.

Relación con outras disciplinas de contidos progresivos

Para cursar Proxecto Interdisciplinar é preciso ter superadas as disciplinas Proxectos de Deseño Gráfico I e Proxectos de Deseño Gráfico II.

Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

A disciplina ocúpase dos contidos conceptuais e procedimentais necesarios para que oalumnado poida desenvolver proxectos de deseño gráfico integrados en equipos
multidisciplinares, aplicando durante todo o proceso proxectual a metodoloxia de investigación dacordo cos requisitos e condicionamentos técnicos, funcionais, estéticos e comunicativos precisos.

Metodoloxía

Actividades introductorias
Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

Exposición maxistral
Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

Prácticas presenciais
Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

Prácticas non presenciais
Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

Exposición e debate
Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

Titorías docentes
A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

Actividades de avaliación

Formativa

  • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
  • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.

Sumativa

  • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
  • Establecer balances dos resultados.

Actividades complementarias
Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

Competencias transversais

T.1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.

T.3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.

T.6. Realizar autocrítica cara ao propio desempeño profesional e interpersoal.

T.7. Utilizar as habilidades comunicativas e a crítica construtiva no traballo en equipo.

T.8. Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos.

T.9. Integrarse adecuadamente en equipos multidisciplinares e en contextos culturais diversos.

T.10. Liderar e xestionar grupos de traballo.

T.11. Desenvolver na práctica laboral unha ética profesional baseada na apreciación e sensibilidade estética, ambiental e cara á diversidade.

T.13. Buscar a excelencia e a calidade na súa actividade profesional.

T.14. Dominar a metodoloxía de investigación na xeración de proxectos, ideas e solucións viables.

T.15. Traballar de forma autónoma e valorar a importancia da iniciativa e o espírito emprendedor no exercicio profesional.

T.16. Usar os medios e recursos ao seu alcance con responsabilidade cara ao patrimonio cultural e medioambiental.

T.17. Contribuír coa súa actividade profesional á sensibilización social da importancia do patrimonio cultural, a súa incidencia nos diferentes ámbitos e a súa capacidade de xerar valores significativos.

Competencias xerais

X.1. Concibir, planificar e desenvolver proxectos de deseño de acordo cos requisitos e condicionamentos técnicos, funcionais, estéticos e comunicativos.

X.2. Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación.

X.3. Establecer relacións entre a linguaxe formal, a linguaxe simbólica e a funcionalidade específica.

X.7. Organizar, dirixir e/ou coordinar equipos de traballo e saber adaptarse a equipos multidisciplinares.

X.10. Ser capaces de adaptarse aos cambios e á evolución tecnolóxica industrial.

X.11. Comunicar ideas e proxectos aos/ás clientes/as, argumentar razoadamente, saber avaliar as propostas e canalizar o diálogo.

X.15. Coñecer procesos e materiais e coordinar a propia intervención con outros/as profesionais, segundo as secuencias e graos de compatibilidade.

X.16. Ser capaces de encontrar solucións ambientalmente sostibles.

X.18. Optimizar a utilización dos recursos necesarios para alcanzar os obxectivos previstos.

X.19. Demostrar capacidade crítica e saber formular estratexias de investigación.

X.20. Comprender o comportamento dos elementos que interveñen no proceso comunicativo, dominar os recursos tecnolóxicos da comunicación e valorar a súa influencia nos procesos e produtos do deseño.

X.21. Dominar a metodoloxía de investigación.

X.22. Analizar, avaliar e verificar a viabilidade produtiva dos proxectos, desde criterios de innovación, xestión empresarial e demandas de mercado.

Competencias específicas da titulación

E.G.1. Xerar, desenvolver e materializar ideas, conceptos e imaxes para programas comunicativos complexos.

E.G.2. Dominar os recursos formais da expresión e a comunicación visual.

E.G.3. Comprender e utilizar a capacidade de significación da linguaxe gráfica.

E.G.4. Dominar os procedementos de creación de códigos comunicativos.

E.G.5. Establecer estruturas organizativas da información.

E.G.8. Coñecer as canles que sirvan de soporte á comunicación visual e utilizalas conforme aos obxectivos comunicativos do proxecto.

E.G.9. Analizar o comportamento dos/as receptores/as do proceso comunicacional en función dos obxectivos do proxecto.

E.G.10. Aplicar métodos de verificación da eficacia comunicativa.

E.G.13. Coñecer o contexto económico, social, cultural e histórico en que se desenvolve o deseño gráfico.

E.G.15. Reflexionar sobre a influencia social positiva do deseño, valorar a súa incidencia na mellora da calidade de vida e do ambiente e a súa capacidade para xerar identidade, innovación e calidade na produción.

Contidos

  • Métodos de investigación no deseño. O proceso proxectual como investigación. Deseño publicitario. O traballo en equipo.
  • Tecnoloxía dixital para a presentación e a comunicación do proxecto.
  • Elaboración de proxectos interdisciplinares integrados.
  • Métodos de investigación e experimentación propios da materia.

Organización

Distribución horaria

A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.