Datos da disciplina
- Web escolas: www.eapicasso.com
- Mail: escola.arte.pablo.picasso@edu.xunta.es
- Materia: Historia do deseño gráfico
- Disciplina: Historia do deseño gráfico
- Carácter: Obrigatoria na especialidade (O.E.)
Datos da disciplina
2.1. Descritores
2.2. Relación con outras disciplinas de contidos progresivos.
2.3. Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación
Na disciplina trátase a evolución das manifestacións do deseño gráfico desde a sua orixe ate a actualidade. Preténdese que o alumnado adquira, a través do coñecemento e reflexión sobre o contexto histórico, social e cultural no que se desenvolve o deseño, unha formación crítica sobre estilos e movementos, tendencias e deseñadores.
2.4. Metodoloxía
Actividades introductorias
Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.
Exposición maxistral
Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.
Prácticas presenciais
Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.
Prácticas non presenciais
Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.
Exposición e debate
Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.
Titorías docentes
A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.
Actividades de avaliación
Actividades complementarias
Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.
4.1. Competencias transversais
T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.
T.8. Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos.
T.16. Usar os medios e recursos ao seu alcance con responsabilidade cara ao patrimonio cultural e ambiental.
T.17. Contribuír coa súa actividade profesional á sensibilización social da importancia do patrimonio cultural, a súa incidencia nos diferentes ámbitos e a súa capacidade de xerar valores significativos.
4.2. Competencias xerais
X.3. Establecer relacións entre a linguaxe formal, a linguaxe simbólica e a funcionalidade específica.
X.5. Actuar como mediadores/as entre a tecnoloxía e a arte, as ideas e os fins, a cultura e o comercio.
X.6. Promover o coñecemento dos aspectos históricos, éticos, sociais e culturais do deseño.
X.12. Afondar na historia e a tradición das artes e o deseño.
X.13. Coñecer o contexto económico, social e cultural en que ten lugar o deseño.
X.14. Valorar a dimensión do deseño como factor de igualdade e de inclusión social e como transmisor de valores culturais.
4.3. Competencias específicas da titulación
E.G.15. Reflexionar sobre a influencia social positiva do deseño, valorar a súa incidencia na mellora da calidade de vida e do ambiente e a súa capacidade para xerar identidade, innovación e calidade na produción.
5.1. Contidos