Datos da disciplina
- Web escolas: www.eapicasso.com
- Mail: escola.arte.pablo.picasso@edu.xunta.es
- Materia: Linguaxe e técnicas de representación e comunicación
- Disciplina: Volume
- Carácter: Formación Básica (FB)
Datos da disciplina
2.1. Descritores
2.2. Relación con outras disciplinas de contidos progresivos.
2.3. Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación
2.4. Metodoloxía
Actividades introductorias
Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.
Exposición maxistral
Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.
Prácticas presenciais
Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.
Prácticas non presenciais
Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.
Exposición e debate
Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.
Titorías docentes
A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.
Actividades de avaliación
Actividades complementarias
Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.
4.1. Competencias transversais
T.1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.
T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala axeitadamente.
T.3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.
T.6. Realizar autocrítica cara o propio desempeño profesional e interpersoal.
T.8. Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos.
T.14. Dominar a metodoloxía de investigación na xeración de proxectos, ideas e solucións viables.
T.16. Usar os medios e recursos ao seu alcance con responsabilidade cara o patrimonio cultural e medioambiental.
4.2. Competencias xerais
X.1. Concibir, planificar e desenvolver proxectos de deseño de acordo cos requisitos e condicionamentos técnicos, funcionais, estéticos e comunicativos.
X.2. Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación.
X.3. Establecer relacións entre a linguaxe formal, a linguaxe simbólica e a funcionalidade específica.
X.4. Ter unha visión científica sobre a percepción e comportamento da forma, da materia, do espazo, do movemento e da cor.
X.8. Propoñer estratexias da investigación e innovación para resolver expectativas centradas en funcións, necesidades e materiais.
X.18. Optimizar a utilización dos recursos necesarios para alcanzar os obxectivos previstos.
X.19. Demostrar capacidade crítica e saber formular estratexias de investigación.
X.21. Dominar a metodoloxía de investigación.
4.3. Competencias específicas da titulación
E.I.1. Xerar e materializar solucións funcionais, formais e técnicas que permitan o aproveitamento e a utilización idónea de espazos interiores.
E.I.2. Concibir e desenvolver proxectos de deseño de interiores con criterios que comporten mellora na calidade, uso e consumo dos produtos.
E.I.4. Analizar, interpretar, adaptar e producir información relativa á materialización dos proxectos.
E.I.7. Coñecer as características, propiedades físicas e químicas e o comportamento dos materiais utilizados no deseño de interiores.
E.I.9. Adecuar a metodoloxía e as propostas á evolución tecnolóxica e industrial propia do sector.
E.I.16. Dominar os recursos formais da expresión e a comunicación visual.
E.I.17. Coñecer as características, propiedades físicas e químicas e o comportamento dos materiais utilizados no deseño de interiores .
5.1. Contidos
https://www.eapicasso.com/wp-content/uploads/2015/12/01_GD_VOL_2015_16_GAL.pdf
https://www.eapicasso.com/wp-content/uploads/2015/12/01_GD_VOL_2015_16_CAS.pdf