Proxectos de deseño de interiores II

Datos da disciplina

  • Tipo: Teórico-práctica (T.P)
  • Curso: 3º
  • Créditos ECTS: 16
  • Duración: Anual
  • Horas de clase semanais: 6
  • Horas de traballo non presencial: 168
  • Horas de titoría: 16

Descritores

Investigación e proxecto. Realización de proxectos no ámbito terciario: Estudo analítico dos usos, produtos e servizos
Aplicación de estratexias e criterios de decisión, innovación e sostenibilidade. Coñecemen-to e análise das tendencias do deseño actual para a investigación proxectual
Argumentación critica do proxecto
Métodos de investigación no deseño. O proceso proxectual como investigación

Relación con outras disciplinas de contidos progresivos

Esta disciplina ten contidos progresivos coas disciplinas de Proxectos de deseño de interiores I (2º curso) e Proxectos de deseño de interiores III (4º curso).

Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

Elaborar proxectos de interiorismo, no eido do sector terciario, sobre espazos reais, resolvendo as esixencias normativas, técnicas e funcionais específicas, reflexionando sobre os gustos, hábitos e comportamentos da sociedade actual.

Metodoloxía

Actividades introductorias
Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

Exposición maxistral
Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

Prácticas presenciais
Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

Prácticas non presenciais
Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

Exposición e debate
Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

Titorías docentes
A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

Actividades de avaliación

Formativa

  • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
  • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.

Sumativa

  • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
  • Establecer balances dos resultados.

Actividades complementarias
Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

Competencias transversais

T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente

T.3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza

T.8. Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos

T.14. Dominar a metodoloxía de investigación e na xeración de proxectos, ideas e solucións viabeis

Competencias xerais

X.2. Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación

X.3. Establecer relacións entre a linguaxe formal, a linguaxe simbólica e a funcionalidade específica

X.19. Demostrar capacidade crítica e saber formular estratexias de investigación

Competencias específicas da titulación

E.I.1. Xerar e materializar solucións funcionais, formais e técnicas que permitan o aproveitamento e a utilización idónea de espazos interiores

E.I.4. Analizar, interpretar, adaptar e producir información relativa á materialización dos proxectos

E.I.5. Resolver os problemas estéticos, funcionais, técnicos e construtivos que xurdan durante o desenvolvemento e execución do proxecto

Contidos

Metodoloxía do proxecto no ámbito terciario: programa, estrutura, investigación, argumentación crítica, os espazos e o seu tratamento, innovación, sostenibilidade e o patrimonio histórico
Realización de proxectos no sector terciario:

Residencial público

  • Laboral-administrativo
  • Comercial

Introdución á normativa:

  • Acondicionamento do espazo: accesibilidade, iluminación, acústico, ventilación e seguridade.
  • Instalacións: electricidade, fontanería e saneamento
  • Condicións de seguridade contra incendios e de evacuación

Organización

Distribución horaria

A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.