Datos da disciplina
- Web escolas: www.eapicasso.com
- Mail: escola.arte.pablo.picasso@edu.xunta.es
- Materia: Xestión do deseño de interiores
- Disciplina: Prácticas externas
- Carácter: Obrigatoria na especialidade (O.E.)
Datos da disciplina
Competencias transversais
T.1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.
T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.
T.3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.
T.4. Utilizar eficientemente as tecnoloxías da información e da comunicación.
T.7. Utilizar as habilidades comunicativas e a crítica construtiva no traballo en equipo.
T.10. Liderar e xestionar grupos de traballo.
Competencias xerais
X.5. Actuar como mediadores/as entre a tecnoloxía e a arte, as ideas e os fins, a cultura e o comercio.
X.13. Coñecer o contexto económico, social e cultural en que ten lugar o deseño.
X.20. Comprender o comportamento dos elementos que interveñen no proceso comunicativo, dominar os recursos tecnolóxicos da comunicación e valorar a súa influencia nos procesos e produtos do deseño.
X.22. Analizar, avaliar e verificar a viabilidade produtiva dos proxectos, desde criterios de innovación, xestión empresarial e demandas de mercado.
Competencias específicas da titulación
E.G.3. Dirixir e certificar a realización de proxectos de interiores.
E.G.4. Analizar, interpretar, adaptar e producir información relativa á materialización dos proxectos.
E.G.15. Reflexionar sobre a influencia social positiva do deseño, valorar a súa incidencia na mellora da calidade de vida e do ambiente e a súa capacidade para xerar identidade, innovación e calidade na produción.