Datos da disciplina
- Web escolas: www.eapicasso.com
- Mail: escola.arte.pablo.picasso@edu.xunta.es
- Materia: Materiais e tecnoloxía aplicada ao deseño de interiores
- Disciplina: Medicións
- Carácter: Obrigatoria de Especialidade (O.E.)
Datos da disciplina
2.1. Descritores
2.2. Relación con outras disciplinas de contidos progresivos.
2.3. Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación
2.4. Metodoloxía
Actividades introductorias
Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.
Exposición maxistral
Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.
Prácticas presenciais
Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.
Prácticas non presenciais
Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.
Exposición e debate
Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.
Titorías docentes
A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.
Actividades de avaliación
Actividades complementarias
Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.
4.1. Competencias transversais
T.1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.
T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.
T.3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.
T.4. Utilizar eficientemente as tecnoloxías da información e a comunicación.
T.9. Integrarse adecuadamente en equipos multidisciplinares e en contextos culturais diversos.
T.13. Buscar a excelencia e a calidade na súa actividade profesional.
T.15. Traballar de forma autónoma e valorar a importancia da iniciativa e o espírito emprendedor no exercicio profesional.
4.2. Competencias xerais
X.3. Establecer relacións entre a linguaxe formal, a linguaxe simbólica e a funcionalidade específica.
X.5. Actuar como mediadores entre a tecnoloxía e a arte, as ideas e os fins, a cultura e o comercio.
X.7. Organizar, dirixir e/ou coordinar equipos de traballo e saber adaptarse a equipos multidisciplinares.
X.8. Propoñer estratexias de investigación e innovación para resolver expectativas centradas en funcións, necesidades e materiais.
X.13. Coñecer o contexto económico, social e cultural no que ten lugar o deseño.
X.15. Coñecer procesos e materiais e coordinar a propia intervención con outros profesionais, segundo as secuencias e graos de compatibilidade.
X.18. Optimizar a utilización dos recursos necesarios para alcanzar os obxectivos previstos.
X.19. Demostrar capacidade crítica e saber formular estratexias de investigación.
X.22. Analizar, avaliar e verificar a viabilidade produtiva dos proxectos, desde criterios de innovación, xestión empresarial e demandas.
4.3. Competencias específicas da titulación
E.I.3. Dirixir e certificar a realización de proxectos de interiores.
E.I.6. Interrelacionar as linguaxes formal e simbólica coa funcionalidade específica.
E.I.7. Coñecer as características, propiedades físicas e químicas e o comportamento dos materiais utilizados no deseño de interiores.
E.I.9. Adecuar a metodoloxía e as propostas á evolución tecnolóxica e industrial propia do sector.
E.I.10. Coñecer os recursos tecnolóxicos da comunicación e as súas aplicacións ao deseño de interiores.
E.I.12. Coñecer o contexto económico, social, cultural e histórico no que se desenvolve o deseño de interiores.
E.I.13. Coñecer o marco económico e organizativo no que se desenvolve a actividade empresarial do interiorismo.