Debuxo técnico aplicado ao deseño de interiores

Datos da disciplina

  • Tipo: T.P. (Teórico Práctica)
  • Curso: 1º
  • Créditos ECTS: 6
  • Duración: Anual
  • Horas de clase semanais: 3
  • Horas de traballo non presencial: 36
  • Horas de titoría: 6

Descritores

Técnicas instrumentais da estrutura, a expresión e a representación bidimensional e tridimensional.
Coñecemento e análise das distintas técnicas de representación gráfica no deseño de interiores.
Métodos de investigación e experimentación propios da materia.

Relación con outras disciplinas de contidos progresivos

Non se contempla.

Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

Introducir ao alumnado na representación gráfica propia do deseño de interiores.
Interpretar e utilizar a normativa gráfica do debuxo técnico.

Metodoloxía

Actividades introductorias
Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

Exposición maxistral
Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

Prácticas presenciais
Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

Prácticas non presenciais
Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

Exposición e debate
Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

Titorías docentes
A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

Actividades de avaliación

Formativa

  • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
  • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.

Sumativa

  • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
  • Establecer balances dos resultados.

Actividades complementarias
Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

Competencias transversais

T.2. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.

T.3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.

T.8. Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos.

T.14. Dominar a metodoloxía de investigación na xeración de proxectos, ideas e solucións viables.

Competencias xerais

X.2. Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación.

X.3. Establecer relacións entre a linguaxe formal, a linguaxe simbólica e a funcionalidade específica.

Competencias específicas da titulación

E.I.4. Analizar, interpretar, adaptar e producir información relativa á materialización dos proxectos.

E.I.6. Interrelacionar as linguaxes formal e simbólica coa funcionalidade específica.

Contidos

  • Fundamentos da representación gráfica arquitectónica. Escala e formato. Normas.
  • A representación en proxección ortogonaldiédrica: plantas, alzados e sección.
  • A representación ortogonal cilíndrica: Perspectivas axonométricas, cabaleira e militar.
  • A representación da perspectiva cónica: métodos usuais.
  • Representacións arquitectónicas: Análise e representación de obxectos e elementos arquitectónicos e de deseño.

Organización

Distribución horaria

A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.