Deseño Básico

Datos da disciplina

  • Tipo: Teórico-Práctica (T.P.)
  • Curso: 1º
  • Créditos ECTS: 8
  • Duración: Anual
  • Horas de clase semanais: 3
  • Horas de traballo non presencial: 84
  • Horas de titoría: 8

Descritores

Fundamentos do deseño: técnicas de creatividade.
Metodoloxía do deseño. Fundamentación práctica dos procedementos, técnicas, linguaxes e metodoloxías de realización do proxecto. Ideación e realización.
Aplicación práctica dos criterios de análise, síntese e metodoloxía. Criterios de decisión.
Modelos, maquetas e prototipos.
Resolución de proxectos.

Relación con outras disciplinas de contidos progresivos

Esta disciplina non ten relación con outras de contidos progresivos.

Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

Proporciona o coñecemento básico a partir da praxe de proxectos de deseño e mediante o estudo das súas características, dos seus condicionantes, contextos e medios, así como dos destinatarios destes. Aplica a metodoloxía proxectual á materialización de ideas mediante a realización de exercicios elementais de deseño bi e tridimensional. Permite coñecer e aplicar as técnicas básicas de creatividade, materializar as ideas de proxecto con solucións alternativas, así como interpretar, executar e defender os proxectos.

Metodoloxía

Actividades introductorias
Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

Exposición maxistral
Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

Prácticas presenciais
Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

Prácticas non presenciais
Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

Exposición e debate
Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

Titorías docentes
A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

Actividades de avaliación

Formativa

  • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
  • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.

Sumativa

  • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
  • Establecer balances dos resultados.

Actividades complementarias
Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

Competencias transversais

T.1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.

T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.

T.3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.

T.6. Realizar autocrítica cara ao propio desempeño profesional e interpersoal.

T.7 Utilizar as habilidades comunicativas e a crítica construtiva no traballo en equipo.

T.8 Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos.

T.14 Dominar a metodoloxía de investigación na xeración de proxectos, ideas e solucións viables.

Competencias xerais

X.1. Concibir, planificar e desenvolver proxectos de deseño de acordo cos requisitos e condicionamentos técnicos, funcionais, estéticos e comunicativos.

X.2. Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación.

X.3. Establecer relacións entre a linguaxe formal, a linguaxe simbólica e a funcionalidade específica.

X.11. Comunicar ideas e proxectos aos/ás clientes/as, argumentar razoadamente, saber avaliar as propostas e canalizar o diálogo.

4.3. Competencias específicas da titulación

E.G.3. Comprender e utilizar a capacidade de significación da linguaxe gráfica.

E.G.4. Dominar os procedementos de creación de códigos comunicativos.

E.G.8. Coñecer as canles que sirvan de soporte á comunicación visual e utilizalas conforme aos obxectivos comunicativos do proxecto.

E.G.11. Dominar os recursos tecnolóxicos da comunicación visual.

Contidos

  • Fundamentos do deseño: técnicas de creatividade.
  • Metodoloxía do deseño: Fundamentación práctica dos procedementos, técnicas, linguaxes e metodoloxías de realización do proxecto. Ideación e realización.
  • Aplicación práctica dos criterios de análise, síntese e metodoloxía. Criterios de decisión.
  • Modelos, maquetas e prototipos.
    Resolución de proxectos.

Organización

Distribución horaria

A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.