A Escola de arte e superior de deseño Pablo Picasso da Coruña organiza un curso de Iniciación á
fotografía impartido polo profesor Bernardo Villanueva Fernández.

Esta actividade, cunha duración total de 36 horas, comezará o 26 de abril e rematará o 9 de xuño; as clases serán os mércores e venres, en horario de 17 a 20 horas.
O número de asistentes será de 12 persoas. O curso ofrécese a calquera persoa que non estea
matriculada na escola, que non sexa persoal na EASD Pablo Picasso e que teña máis de 18 anos
de idade.
O curso é gratuíto, o centro aportará o material básico e imprescindible.
Para poder asistir a esta actividade, é precisa a inscrición para a realización dunha proba de
selección. Esta proba determinará as 12 persoas que, logo de formalizar a matrícula pertinente,
asistirán ao obradoiro.
Unha vez rematado o curso, entregarase un certificado de asistencia e aproveitamento.

Inscrición á proba de selección

Do 18 ao 20 de abril na oficina da EASD Pablo Picasso, en horario de 10 a 14 horas e de
16 a 20 horas. Deberase presentar este formulario (PDF de 1,2 MB), debidamente cumprimentado, e
unha copia do DNI.

Proba de selección

Terá lugar o venres, 21 de abril en horario de 17 a 20 horas. Para a realización desta
proba, será preciso aportar material de debuxo artístico (lapis negro ou grafito). Esta
consistirá na execución dun esbozo para facer unha fotografía no primeiroandar da
Escola, indicando con claridade a intención do suposto resultado.

Matrícula

Días 24 e 25 de abril na oficina da EASD Pablo Picasso, en horario de 10 a 14 horas.