Datos da disciplina
- Web escolas: www.eapicasso.com
- Mail: escola.arte.pablo.picasso@edu.xunta.es
- Materia: Ciencia aplicada ao deseño
- Disciplina: Ciencia aplicada ao deseño
- Carácter: Formación básica (F.B.)
Datos da disciplina
2.1. Descritores
2.2. Relación con outras disciplinas de contidos progresivos.
2.3. Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación
É unha materia básica e pretende asentar as bases científicas e tecnolóxicas necesarias para o posterior desenvolvemento das ensinanzas superiores en Deseño Gráfico, así como para o futuro profesional, contribuíndo á adquisición de competencias de carácter técnico e asentando as bases dun deseño ecoeficiente e sostible. Proporciona os coñecementos científicos, a súa terminoloxía e nomenclatura, necesarios para o estudo doutras materias tecnolóxicas específicas da especialidade de cursos posteriores.
2.4. Metodoloxía
Actividades introductorias
Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.
Exposición maxistral
Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.
Prácticas presenciais
Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.
Prácticas non presenciais
Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.
Exposición e debate
Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.
Titorías docentes
A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.
Actividades de avaliación
Actividades complementarias
Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.
4.1. Competencias transversais
T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.
T.3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.
T.14. Dominar a metodoloxía de investigación na xeración de proxectos, ideas e solucións viables.
T.16. Usar os medios e recursos ao seu alcance con responsabilidade cara ao patrimonio cultural e ambiental.
4.2. Competencias xerais
X.4. Ter unha visión científica sobre a percepción e o comportamento da forma, da materia, do espazo, do movemento e da cor.
X.8. Propoñer estratexias de investigación e innovación para resolver expectativas centradas en funcións, necesidades e materiais.
X.10. Ser capaces de adaptarse aos cambios e á evolución tecnolóxica industrial.
X.16. Ser capaces de encontrar solucións ambientalmente sostibles.
X.21. Dominar a metodoloxía de investigación.
4.3. Competencias específicas da titulación
E.G.15. Reflexionar sobre a influencia social positiva do deseño, valorar a súa incidencia na mellora da calidade de vida e do ambiente e a súa capacidade para xerar identidade, innovación e calidade na produción.
5.1. Contidos