Charla: Proxecto reciclARTE

Cartel charla Expo reciclARTE

Charla. Xoves 28 de abril ás 12h no Salón de Actos da EASD.

“reciclARTE” é un proxecto de reciclaxe orientada ao mundo da caracterización, utilizando distintos materiais recuperados para a elaboración de vestiario, tocados e atrezos. O proxecto supón unha re-interpretación de personaxes femininos, tanto históricos como mitolóxicos e conta coa participación como modelos de mulleres destacadas do audiovisual galego, logrando cos tocados e a fotografía un gran impacto visual.

O equipo de “reciclARTE” está formado por 2 artistas coruñeses: Andrea Botana (maquilladora e caracterizadora) e Xavi Gantes (fotógrafo).