POLÍTICA DE CALIDADE DA EASD PABLO PICASSO
A Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso de A Coruña, adquiriu un compromiso coa calidade e mellora continua de todos os seus procesos e satisfacción permanente das necesidades, demandas e expectativas da súa comunidade educativa. Encóntrase inmersa nun proceso de seguimento e garantía das ensinzas artísticas superiores segundo o Convenio asinado o 19 de novembro de 2014 entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).
-
- Ademáis, o desenvolvemento das políticas de calidade estanse a establecer ao abeiro do disposto en:
- Real decreto 1614/2009, do 26 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas artísticas superiores (art. 19).
- Decreto 61/2011, do 24 de marzo, polo que se establece o regulamento orgánico das escolas de arte e superiores de Galicia (art. 26).
- Real decreto 21/2015, do 23 de xaneiro, polo que se modifica o Real decreto 1614/2009 (art. único, nove).
- Orde do 21 de novembro de 2016 , pola que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores de Deseño (art. 28).
- Guía para o seguimento das titulacións superiores de ensinanzas artísticas superiores (editada pola ACSUG, xuño 2015).
O Sistema de Xestión de Calidade (SXC) recolle e desenvolve as diferentes actuacións en materia de mellora das actividades docentes, investigadoras e de xestión da EASD Pablo Picasso. O Sistema tamén atende aos procesos de avaliación para a verificación e acreditación das súas titulacións segundo o disposto na lexislación vixente.