Taller de Instalacións

Datos da disciplina

  • Tipo: Teórico-práctica (T.P)
  • Curso: 4º
  • Créditos ECTS: 6
  • Duración: Cuadrimestral
  • Horas de clase semanais: 4
  • Horas de traballo non presencial: 72
  • Horas de titoría: 6

Descritores

A calidade do aire e a ventilación. Normativa e predimensionado.
Proxecto de instalacións térmicas: Calefacción e Climatización. Enerxías alternativas: aerotermia, xeo-termia, fototermia, eólica.
Proxecto de electricidade e luminotecnia.
Acondicionamento acústico.
A memoria nos proxectos das instalacións.
As instalacións de salubridade.
Sistemas de aforro enerxético. Control de calidade, execución e mantemento.
Normativa aplicable. Métodos de investigación e experimentación propios da materia.

Relación con outras disciplinas de contidos progresivos

Non se contempla.

Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

A disciplina de INSTALACIÓNS I e II introduce ao alumno no mundo das instalacións dende a vertente mais conceptual. O TALLER DE INSTALACIÓNS integra os espazos interiores coa problemática do tendido das instalacións, representando as instalacións nos planos do espazo e detectando as incompati-bilidades das mesmas.

Aprender coa experiencia: Primeiro mediante exercicios conceptuais de cada unha das instalacións e a continuación desenvolvendo un proxecto completo dos que o alumno ten realizado nos cursos de proxectos.

Coñecer os conceptos fundamentais de cada grupo, a terminoloxía específica, os diferentes sistemas, e as condicións de deseño e predimensionado dos mesmos.

Propor esquemas das instalacións mais importantes no deseño de interiores, ventilación, acondiciona-mento térmico e luminotecnia, proxectar coa luz.

Metodoloxía

Actividades introductorias
Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

Exposición maxistral
Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

Prácticas presenciais
Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

Prácticas non presenciais
Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

Exposición e debate
Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

Titorías docentes
A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

Actividades de avaliación

Formativa

  • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
  • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.

Sumativa

  • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
  • Establecer balances dos resultados.

Actividades complementarias
Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

Competencias transversais

T.1 Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.

T.2 Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.

T.3 Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.

T.6 Realizar autocrítica cara o propio desempeño profesional e interpersoal.

T.8 Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos.

T.12 Adaptarse, en condicións de competitividade aos cambios culturais, sociais e artísticos e aos avances que se producen no ámbito profesional e seleccionar as canles adecuadas de formación continuada.

T.13 Buscar a excelencia e a calidade na súa actividade profesional.

T.14 Dominar a metodoloxía de investigación na xeración de proxectos, ideas e solucións viables.

T.15 Traballar de forma autónoma e valorar a importancia da iniciativa e o espírito emprendedor no exercicio profesional.

T.16 Traballar de forma autónoma e valorar aimportancia de iniciativa e o patrimonio cultural e medioambiental.

Competencias xerais

X.1 Concibir, planificar e desenvolver proxectos de deseño de acordo cos requisitos e condicionamentos técnicos, funcionais, estéticos e comunicativos.

X.8 Propoñer estratexias de investigación e innovación para resolver expectativas centradas en funcións, necesidades e materiais.

X.10 Ser capaces de adaptarse aos cambios e á evolución tecnolóxica industrial.

X.15 Coñecer procesos e materiais e coordinar a propia intervención con outros/as profesioanais, segundo as secuencia e e graos de compatibilidade.

X.16 Ser capaces de encontrar solucións ambientais sostibles.

X.18 Optimizar a utilización dos recursoso necesarios para alcanzar os obxectivos previstos.

X.21 Demostrar capacidade crítica e saber formular estratexias de investigación.

X.22 Analizar, avaliar e verificar a viabilidade produtiva dos proxectos, desde criterios de innovación, xestión empresarial e demandas.

Competencias específicas da titulación

E.I.1. Xerar e materializar solucións funcionais, formais e técnicas que permitan o aproveitamento e a utili-zación idónea de espazos interiores.

E.I.2. Concibir e desenvolver proxectos de deseño de interiores con criterios que comporten mellora na cali-dade, uso e consumo das producións.

E.I.4. Analizar, interpretar, adaptar e producir información relativa á materialización dos proxectos.

E.I.7. Coñecer as características, propiedades físicas e químicas e o comportamento dos materiais utilizados no deseño de interiores.

E.I.8. Coñecer os procesos de fabricación, produción e manufacturado máis usuais nos diferentes sectores vinculados ao deseño de interiores.

E.I.9. Adecuar a metodoloxía e as propostas á evolución tecnolóxica e industrial propia do sector.

E.I.14. Comprender o marco legal e regulamentario que regula a actividade profesional, a seguridade e saúde laboral e a propiedade intelectual e industrial.

E.I.15. Reflexionar sobre a influencia social positiva do deseño, valorar a súa incidencia na mellora da cali-dade de vida e do medio e a súa capacidade para xerar identidade, innovación e calidade na produción

E.I.1XX. Comprender que as instalacións forman parte do espazo interior e dos edificios e reflexionar sobre o seu tendido.

E.I.XY. Concibir, deseñar, calcular, integrar en espazos interiores e edificios solucións de acondicionamento ambiental, incluíndo o illamento térmico e acústico, o control climático, o rendemento enerxético e a iluminación natural, así como para asesorar tecnicamente sobre estes aspectos.

E.I.XZ. Investigar e propoñer con autonomía sistemas de instalacións.

Contidos

  • O proxecto de instalacións. Peculiaridades.
  • As aplicacións informáticas no proxecto: Dialux, Evo, Cype Mep, ferramentas informáticas do CTE.
  • Aplicacións en Cype Mep: estudos térmicos e acústicos. Certificación enerxética. Iluminación, electricidade, salubridade.
  • As instalacións nos documentos do proxecto: memoria, planos, prego de condicións.

Organización

Distribución horaria

A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.