Taller cerámica I e II

  • Plan de estudos

    Módulo Horas semanais Créditos ECTS asociados
    1º curso 2º curso 1º curso 2º curso
    Taller cerámico 12 8 26 18
    Total 720 44

  • Saber mais

    • QUE CERTIFICACIÓN SE ACADA AO REMATE DO MÓDULO?

      Unha vez superados os dous cursos académicos, Taller de Cerámica I e Taller de Cerámica II, o alumnado recibe unha certificación das Capacidades Terminais correspondentes aos ditos Talleres.

      Esta certificación ten validez académica só para o alumnado que tiveran realizado a proba de acceso ao Taller de Cerámica.

    • CANTO DURA O MÓDULO DE TALLER CERÁMICO?

      Trátase dun módulo que se imparte ao longo de 2 cursos, cunha duración de 36 semanas cada curso.

      O tipo de ensinanza é presencial e impártese en galego e castelán.

    • CANTAS PRAZAS DE NOVO INGRESO SE OFERTAN CADA CURSO?

      Cada curso ofértanse 15 prazas no módulo.

       

    • CALES SON OS OBXECTIVOS?

      Este módulo está dirixido á realización de pezas tanto a man coma con torno, baseándose en formas tradicionais ou utilizando os distintos sistemas decorativos libremente. Os seus obxectivos son, entre outros:

      • Comprender global e secuencialmente o proceso de fabricación cerámica, identificar as materias primas e o seu comportamento ao longo do proceso, así como os útiles, ferramentas e máquinas que interveñen, o seu uso e mantemento.
      • Comprender os procesos de secado, estiba e cocción e levalos a cabo nas condicións de seguridade e hixiene axeitadas.
      • Realizar moldes e matrices para a fabricación de produtos cerámicos seriados de cerámica artística
    • CALES SON OS CRITERIOS DE ACCESO E ADMISIÓN?

      Para acceder ao módulo de Taller Cerámico será preciso estar en posesión do título de bacharel ou título declarado equivalente, e superar unha proba de acceso específica.

      Estarán exentos de realizar a proba de acceso específica aqueles aspirantes que estén en posesión de :

      • a) Calquera título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño da familia profesional artística de Cerámica Artística, ou título declarado equivalente.
      • b) Título de bacharel, modalidade de artes, ou de bacharelato artístico experimental.
      • c) Título superior de Artes Plásticas e título superior de Deseño nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
      • d) Título superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais, nas súas diferentes especialidades.
      • e) Licenciatura en Belas Artes.
      • f) Arquitectura.
      • g) Enxeñería Técnica en Deseño Industrial.

      Tamén, será posible acceder sen estar en posesión de nengún dos títulos mencionados anteriormente, superando unha proba de madureza, ademáis da proba específica.

      No caso de que non se cubrisen as prazas ofertadas, é posible acceder ao Taller cerámico como Estudos Monográficos.

    • ONDE PODO ATOPAR MÁIS INFORMACIÓN?

      Podese consultar o Decreto 131/2013, do 18 de xullo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño en Cerámica Artística, no que se atopa incluido este módulo.