Cónvocase a todos os alumnos dos Estudios Superiores de Deseño que teñan que realizar o TFE (Traballo Fin de Estudos) a unha reunión con departamento para facer entrega de normas. A cita terá lugar o vindeiro martes 10 de outubro.

  • Deseño Gráfico: 10 outubro ás 17:00 horas na aula 7.
  • Deseño de Interiores: 10 de outubro ás 13:00 horas na aula 5.

Nesta xuntanza entregarase a seguinte documentación:

  • Prazos, condicións e documentación precisa para a presentación e defensa das propostas de traballo por parte do alumnado, calendario e horario de defensa das propostas.
  • Información sobre titorías e horario semanal de atención. Solicitude de preferencia de titores.
  • Calendario de realización, prazo e forma de entrega; calendario e horario de defensa do TFE.

Información coas datas (PDF 200KB)