O profesor responsable da Formación en Centros de Traballo convoca una charla informativa para os alumnos dos Ciclos Formativos de Grao Superior da EASD Pablo Picasso.

Os alumnos de Fotografía, Ilustración, Escultura aplicada ao espectáculo e Dourado e Policromía están convocados o vindeiro mércores 18 de marzo ás 11:00 horas no salón de actos da EASD Pablo Picasso.

O módulo de formación en centros de traballo regúlase pola orde do 28 de febreiro de 2007, publicada no D.O.G. do 8 de marzo de 2007.

O módulo de FCT correspondente aos estudos de ensinanzas profesionais. A temporalización principal do mesmo corresponde ao terceiro trimestre do segundo curso. O marco normativo específico a maiores do anterior é:

–   ILUSTRACIÓN:  Decreto 95/2015 do 11 de xuño  

–  ESCULTURA APLICADA AO ESPECTÁCULO:  Decreto 92/2017 do 7 de setembro.

–  FOTOGRAFÍA: Decreto 92/2015 de 11 de xuño

–  DOURADO, PRATEADO E POLICROMÍA: Decreto 92/2017 do 7 de setembro.

ACCESO:   Cando se aproban todos os demais módulos do ciclo, ou con menos de dezaoito créditos pendentes.

DURACIÓN: 128 horas para os CFGS (Ciclos Formativos de Grao Superior) Dourado, prateado e policromía, Escultura aplicada ao espectáculo,  Ilustración e Fotografía.

DISTRIBUCIÓN HORARIA:  A xornada máxima e de oito horas.   O horario no que se poden facer as prácticas vai dende as seis ate as vinte e dúas horas, de luns a venres.  Existen algunhas excepcións. Consultar.