Este ano toca a 11ª renovación da Xunta de escola, a estes efectos o pasado xoves reuniuse a Xunta electoral e estableceu as condicións para a elección.

Renóvanse as seguintes prazas:

Sector profesorado convócanse catro prazas.

Sector alumnado convócanse tres prazas.

Sector PAS non se convoca ningunha praza.

O calendario é o que se reflicte de seguido:

Presentación de candidaturas ata o vindeiro mércores día 21 de novembro na oficina da EASD ata as 13,00 horas. Na oficina se facilitará o impreso para participar nestas eleccións.

Eleccións representantes profesorado o luns 26 de novembro as 10,00 horas.

Eleccións de representantes de alumnado o luns 26 de novembro na biblioteca da EASD entre as 13,00 e as 17,00 horas.

Como ben sabedes a Xunta de escola é o órgano de goberno máis importante da nosa escola. Por elo, anímovos a que, dende as vosas responsabilidades, difundades esta nova e, se o estimades oportuno, participedes activamente nesta elección.