Xa está publicada na páxina web a información relativa á realización do Proxecto Integrado (PI) regulado pola LOE para o curso 2017-18. Podedes consultar as datas máis salientables para a inscrición, entrega e defensa do PI na menú Secretaría | Administración EEAAPP | PI CICLOS LOE. Afecta aos CFGS de Ilustración, Fotografía, Escultura aplicada ao espectáculo e Dourado e Policromía artísticas.

Tamén están publicadas as normas que afectan á realización da Obra/Proxecto Final regulado pola LOXSE do CFGS de Artes aplicadas á Escultura, e o CM de Dourado, Prateado e Policromía. Tedes acceso a toda a información no menú Secretaría | Normas Proxecto Final Ciclos LOXSE abril 2018.