
A selección de alumnos e alumnas farase nunha reunión convocada a tal efecto, formada polos membros da Area de formación e a coordinadora Erasmus da EASD Pablo Picasso.
Esta selección terá en conta os seguintes criterios:
Unha vez feita a selección, esta publicarase no taboleiro de anuncios da ORI e na páxina web da EASD Pablo Picasso.
O/a coordinador/a da ORI enviará de seguido a cada unha das escolas europeas, a proposta dos/das alumnos/as seleccionados/as e a seguinte documentación de cada un/unha deles/as:
Neste contrato recolleranse as materias que o/a solicitante cursará no centro de destino, materias que antes do desprazamento serán previamente acordadas polo/a alumno/a e o/a coordinador/a da ORI do centro de orixe. Terán que facerse polo tanto, tres documentos orixinais asinados por cada un/unha dos/das representantes, de xeito que unha das copias quede na Secretaría da EASD Pablo Picasso; o prazo habilitado para determinar o programa definitivo de estudos, en caso de cambio, será dun mes desde a incorporación do/da alumno/a ao centro de destino.
Este material será remitido ao centro europeo correspondente, que deberá responder ca aceptación ou non dos/das candidatos/as dentro dos seus propios prazos de avaliación (de abril a xuño, inclusive).
Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso
Os pelamios 2, 15001 A Coruña tlf 981 225 396 · fax 981 228 078 · escola.arte.pablo.picasso@edu.xunta.es