Buscamos a excelencia na formación do noso alumnado, tanto no aspecto académico e profesional como no humano; actualmente cursan estudios no noso centro estudantes procedentes de diversos países (Arxentina, Francia, Inglaterra, México ou Xapón), tamén alumnos e alumnas con discapacidades sen que nunca se producise incidente algún por motivos de xenofobia, sexismo ou discriminación de calquera tipo.
Queremos incrementar a mobilidade de estudantes e profesores/as, convencidos de que a ampliación do ámbito do coñecemento redundará na mellora de súa formación profesional e humana.
Aspiramos a que o noso centro tamén poda ampliar en maior medida o panorama de ofertas educativas da Unión Europea, seguros de poder aportar unha experiencia profesional interesante.
Prioridades
Manter e incrementar os nosos convenios bilaterais.
Manter permanentemente actualizada a nosa páxina web, co fin de facilitar toda a información sobre a internacionalización do noso centro, así como a publicación da «Carta Universitaria Erasmus» e da «Declaración de Política Erasmus».
Potenciar a Oficina de Relacións Internacionais.
Respectar a igualdade de condicións de todos os membros da nosa comunidade escolar sen ningún tipo de discriminación.