AULA VIRTUAL CODEXPRO

Programas Internacionais

A EASD Pablo Picasso é un centro público, dedicado desde hai máis de cen anos ó ensino das artes aplicadas e dos oficios artísticos, actualmente ensinanzas de artes plásticas e deseño. Polas súas aulas teñen pasado diversas personalidades do mundo da creación artística (a máis relevante sen dúbida foi Pablo Ruíz Picasso, que dá nome ó centro) e se teñen formado profesionais que serviron e serven a nosa sociedade cunha eficacia que acredita a calidade do ensino da escola.

A EASD Pablo Picasso depende da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (CEOU) da Xunta de Galicia, e os estudos que oferta están enmarcados na área das artes plásticas e o deseño reguladas por la Lei Orgánica de Educación 2/2006, de 3 de maio.

Actualmente impártense os seguintes estudios: estudos artísticos superiores de grado de Deseño, especialidades Deseño Gráfico e Deseño de Interiores; e os ciclos formativos de grao superior de Fotografía Artística, Ilustración e Artes Aplicadas á Escultura; o ciclo formativo de grao medio de Dourado e Policromía; e a ensinanza modular de Taller Cerámico I e II. É perceptivo superar unha proba de acceso para poder matricularse e ingresar no centro.

As nosas relacións académicas no ámbito europeo teñen permitido que alumnos do noso centro teñan completado os seus estudos, con cursos ou con prácticas en empresas, en diversos países co programa Erasmus ou ben con becas por ampliación de estudos ou prácticas da Xunta de Galicia. Estas experiencias facilitan unha colaboración que entendemos esencial para o desenvolvemento dos nosos alumnos e das mesmas institucións educativas, polo que aspiramos non só a mantelas senón tamén a amplialas dentro do marco do programa de becas Erasmus. Actualmente o noso ámbito de relación esténdese por países como Bélxica, Francia, Italia, Polonia e Portugal.

A EASD Pablo Picasso posúe a Carta Universitaria Erasmus para o período 2010-13.


Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso

Os pelamios 2, 15001 A Coruña tlf 981 225 396 · fax 981 228 078 · escola.arte.pablo.picasso@edu.xunta.es