Para o acceso á oferta modular impartida na EASD Pablo Picasso, os aspirantes que non alegaron titulación na inscrición realizada segundo a Resolución do 6 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2019/20 é necesario realizar unha proba de acceso.

Dita proba terá lugar na EASD Pablo Picasso o venres, 6 de setembro de 2019 ás 12:00h.

Consistirá na realización dun dibuxo mimético a man alzada do natural dun modelo proposto polo tribunal, utilizando lápiz de grafito sobre papel tamaño DIN A3.