Instruccións sobre a proba de acceso ás Ensinanzas Artísticas Superiores (EEAASS): Deseño Gráfico e Deseño de Interiores.

A Consellería de Educación ven de publicar a convocatoria que regula o acceso ás Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño. Para o vindeiro curso 2020/21 ofértanse as seguintes prazas de novo acceso para a EASD Pablo Picasso:

  • Deseño Grafico: 16 prazas para acceso con proba e 4 prazas para acceso directo (total: 20 prazas)
  • Deseño de Interiores: 16 prazas para acceso con proba e 4 prazas para acceso directo (total: 20 prazas)

As datas máis destacadas son:

    • Perídodo de inscrición para as probas e para os accesos directos: do 18 ao 29 de xuño do 2020.
    • Publicación da listaxe provisional de inscritos nas probas: 30 de xuño do 2020.
    • Reclamacións á listaxe provisional de inscritos: 1 e 2 de xullo do 2020.
    • Publicación da listaxe definitiva de inscritos: 3 de xullo do 2020.
    • Datas e horario das probas de acceso:
    • Datas matrícula novo ingreso: 
      • Primeiro prazo: do 27 ao 30 de xullo de 2020. (Actualizado a 20/07/2020)
      • Nova adxudicación de prazas: 31 xullo de 2020. (Actualizado a 20/07/2020)
      • Segundo prazo: 3 e 4 de setembro de 2020.
      • Terceiro prazo: do 16 ao 18 de setembro de 2020.

Estas datas son un resumo con carácter informativo dos puntos más destacados da normativa de Acceso e Admisión, que pode ser consultada no seguinte enlace: Instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2020/2021

Para aqueles interesados en cursar as Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño no próximo curso 2020/21 podedes consultar o apartado de Preguntas Frecuentes EEAASS, na que atoparedes un resumo dos requisitos, documentación a presentar e modelos de exames de convocatorias de acceso de anos anteriores, así como tamén os plans de Estudos de Deseño Gráfico e de Deseño de Interiores.

Neste mesmo espazo publicaranse todas as listaxes relacionadas co desenvolvemento das probas de acceso (inscritos provisionais, definitivos, cualificacións, etc).

Enlaces de interese: