Instruccións sobre as probas de acceso ás Ensinanzas Artísticas Profesionais (EEAAPP): Ciclos Formativos de Grao Superior e Oferta Modular

A Consellería de Educación ven de publicar a convocatoria que regula o acceso ás Ensinanzas Artísticas Profesionais. Para o vindeiro curso 2020/21 ofértanse as seguintes prazas de novo acceso para a EASD Pablo Picasso:

      • Familia artística cerámica artística:
        • Oferta modular Taller cerámico I e II: 8 prazas con proba de acceso / 7 prazas de acceso directo (15 prazas)
      • Familia artística comunicación gráfica e audiovisual:
        • Ciclo Superior de Fotografía: 15 prazas con proba de acceso/ 15 prazas de acceso directo (30 prazas)
        • Ciclo Superior de Ilustración. 15 prazas con proba de acceso/ 15 prazas de acceso directo (30 prazas)
      • Familia artística de escultura:
        • Ciclo Superior de Dourado, prateado e policromía: 8 prazas con proba de acceso / 7 prazas de acceso directo (15 prazas)
        • Ciclo Superior de Escultura aplicada ao espectáculo: 8 prazas con proba de acceso / 7 prazas de acceso directo (15 prazas)
        • Oferta modular Taller de madeira: 8 prazas con proba de acceso / 7 prazas de acceso directo (15 prazas)

As datas máis destacadas son:

    • Período de inscrición para as probas e para os accesos directos: Do 22 ao 3 de xullo de 2020. A inscrición para o acceso e admisión farase na secretaría da Escola pública elixida en primeiro lugar na que se impartan as correspondentes ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño, ou ben telemáticamente mediante o enlace habilitado no Codex.pro
    • Listaxe provisional de inscritos: 6 de xullo de 2020.
    • Reclamacións á listaxe provisional: 7 e 8 de xullo de 2020.
    • Listaxe definitiva de inscritos: 9 de xullo de 2020.
    • Datas e horario da proba de madureza:
      • Proba de madureza: 10 de xullo de 2020,  de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 18:00.
      • Listaxe provisional de cualificacións: 14 de xullo de 2020.
      • Reclamacións á listaxe provisional: 15 e 16 de xullo de 2020.
      • Listaxe definitiva de cualificacións: 17 de xullo de 2020.
    • Datas e horario da proba específica:
      • Proba específica: 20 de xullo de 2020,  de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00.
      • Listaxe provisional de cualificacións: 22 de xullo de 2020.
      • Reclamacións á listaxe provisional: 23 e 24 de xullo de 2020.
      • Listaxe definitiva de cualificacións: 27 de xullo de 2020.
    • Data matrícula novo ingreso: 
      • Ciclos Superiores: do 28 ao 31 de xullo de 2020.
    • Data extraordinaria matrícula novo ingreso (para alumnado que cumpra os requisitos en setembro): 
      • Ciclos Superiores: do 17 ao 18 de setembro de 2020.

Estas datas son un resumo con carácter informativo dos puntos más destacados da normativa de Acceso e Admisión, que pode ser consultada no seguiste enlace: Instrucións para o acceso e a admisión do alumnado nas ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2020/2021

Para aquelas persoas interesadas en cursar un ciclo superior no próximo curso 2020/21 podedes consultar o apartado de Preguntas Frecuentes EEAAPP, na que atoparedes un resumo dos requisitos, documentación a presentar e modelos de exames de convocatorias anteriores. Tamén podedes consultar os plans de estudos dos Ciclos de Grao Superior de  Fotografía, Ilustración, Escultura e Dourado e das Ofertas modulares de Taller Cerámica I e II e Taller de Madeira.

Neste mesmo espazo publicaranse todas as listaxes relacionadas co desenvolvemento das probas de acceso (inscritos provisionais, definitivos, cualificacións, etc).

Enlaces de interese: