Aberto o prazo de inscrición para as probas de acceso ás Ensinanzas Artísticas Profesionais (EEAAPP): Ciclos Formativos de Grao Superior e Oferta Modular

A Consellería de Educación ven de publicar a convocatoria que regula o acceso ás Ensinanzas Artísticas Profesionais. Para o vindeiro curso 2019/20 ofértanse as seguintes prazas de novo acceso para a EASD Pablo Picasso:

      • Familia artística cerámica artística:
        • Oferta modular Taller cerámico I e II: 8 prazas con proba de acceso / 7 prazas de acceso directo (15 prazas)
      • Familia artística comunicación gráfica e audiovisual:
        • CS Fotografía: 15 prazas con proba de acceso/ 15 prazas de acceso directo (30 prazas)
        • CS Ilustración. 15 prazas con proba de acceso/ 15 prazas de acceso directo (30 prazas)
      • Familia artística de escultura:
        • CS Dourado, prateado e policromía: 8 prazas con proba de acceso / 7 prazas de acceso directo (15 prazas)
        • CS Escultura aplicada ao espectáculo: 8 prazas con proba de acceso / 7 prazas de acceso directo (15 prazas)
        • Oferta modular Taller de madeira: 8 prazas con proba de acceso / 7 prazas de acceso directo (15 prazas)

As datas máis destacadas son:

    • Perídodo de inscrición para as probas e para os accesos directos:
      • Ata o 25 de xuño de 2019.
    • Datas e horario das probas de acceso:
      • Proba de madureza: 3 de xullo de 2019 na EASD Mestre Mateo (Santiago de Compostela) de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 18:00.
      • Proba específica: 15 de xullo de 2019 na EASD Mestre Mateo (Santiago de Compostela) de 10:00 a 11:00, de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00.
    • Data matrícula novo ingreso: 
      • Ciclos Superiores: do 19 ao 30 de xullo de 2019.
    • Data extraordinaria matrícula novo ingreso (para alumnado que cumpra os requisitos en setembro): 
      • Ciclos Superiores: do 17 ao 18 de setembro de 2019.

Estas datas son un resumo con carácter informativo dos puntos más destacados da normativa de Acceso e Admisión, que pode ser consultada no seguiste enlace: Resolución do 6 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2019/20.

Para aquelas persoas interesadas en cursar un ciclo superior no próximo curso 2019/20 podedes consultar o apartado de Preguntas Frecuentes EEAAPP, na que atoparedes un resumo dos requisitos, documentación a presentar e modelos de exames de convocatorias anteriores. Tamén podedes consultar os plans de estudos dos Ciclos de Grao Superior de  Fotografía, Ilustración, Escultura e Dourado e das Ofertas modulares de Taller Cerámica I e II e Taller de Madeira.

Neste mesmo espazo publicaranse todas as listaxes relacionadas co desenvolvemento das probas de acceso (inscritos provisionais, definitivos, cualificacións, etc).

Probas extraordinarias acceso ás EEAAPP (ciclos superiores):

  • CS Fotografía. Acceso directo 3 plazas. Prueba específica 6 plazas.
  • CS Escultura aplicada al espectáculo. Acceso directo 2 plazas. Prueba específica 5 plazas.
  • CS Dorado, plateado y policromía. Acceso directo 5 plazas. Prueba específica 4 plazas.

Prazo de inscrición: do 2 ao 6 de setembro nas secretarías das EASD. Para ampliar información, consultar ás instruccións de acceso no epígrafe de Enlaces de interese.

Enlaces de interese: