Oferta educativa
Na EASD Pablo Picasso pódense seguir os seguintes estudos:
- Ensinanzas artísticas superiores de grao de deseño nas especialidades de Deseño Gráfico e Deseño de Interiores.
- Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño.
- Ciclos formativos de grao superior de Artes Aplicadas da Escultura, Fotografía Artística e Ilustración.
- O ciclo formativo de grao medio de Dourado e Policromía Artísticos.
- E tamén se poden realizar, dentro da oferta modular, os módulos Taller de cerámica artística (I e II) do ciclo superior de Cerámica Artística.
Ensinanzas artísticas superiores de grao de deseño | Ciclos de artes plásticas