Mario García Herradón, vicedirector da Escola, impartírá un relatorio improvisado o vindeiro xoves 18 de xaneiro, ás 18:00h no Salón de Actos. Baixo o título “O circo da vida”, Mario falará sobre o tema ao redor do cal xira a Exposición colectiva de traballos do alumnado para este curso 2017/18. O circo, a vida, os equilibrios que hai que facer no día a día, os medos aos que nos enfrentamos e a nosa maneira de sorir… que comece o espectáculo!