AULA VIRTUAL

Escola

A Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso de A Coruña é un centro de ensino público dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Imparte as Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño e as Ensinanzas artísticas superiores de grao de deseño na nosa comunidade.

A EASD Pablo Picasso forma parte da «Confederación de Escuelas de Arte», organización integrada polo 95% dos centros públicos do Estado que imparten ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño.

O actual equipo directivo do centro está formado polo director Manuel Andrés Soto Gómez, o subdirector Mario Emilio García Herradón, o secretario Manuel Fernández González e o xefe de estudos Francisco Javier Martín Alaéz.

 

 

 


Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso

Os pelamios 2, 15001 A Coruña tlf 981 225 396 · fax 981 228 078 · escola.arte.pablo.picasso@edu.xunta.es