AULA VIRTUAL

Acordo entre o Club do Mar San Amaro e a EASD Pablo Picasso da Coruña

Escola
Decembro 17, 2010

Acordo entre o Club do Mar San Amaro e a EASD Pablo Picasso da Coruña

O presidente do Club do Mar de San Amaro e o director da EASD Pablo Picasso asinaron un acordo de colaboración entre as dúas entidades.

Trátase de acadar a maior divulgación dos proxectos e obras de fin de carreira do alumnado da escola, así como contribuír ao desenvolvemento da sensibilidade artística e cultural dos socios e visitantes do Club do Mar coa exposición destas obras de arte dentro das súas instalacións sociais. Para elo convocarase, anualmente, un concurso entre o alumnado das Ensinanzas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño da EASD Pablo Picasso, nomeadamente coas súas obras ou proxectos de fin de carreira, establecéndose dúas categorías:
1. Alumnado de Proxecto final dos ciclos formativos da familia profesional de Deseño Gráfico: Fotografía Artística e Ilustración.
2. Alumnado de Obra final dos ciclos formativos da familia profesional de Artes Aplicadas á Escultura: Artes Aplicadas á Escultura e Dourado e Policromía Artísticos.
O Club do Mar de San Amaro establecerá un premio para cada unha das categorías e ademais celebrará unha exposición na súa Sala de Arte cos traballos e obras que participen no concurso. O Club do Mar de San Amaro adquirirá a propiedade do soporte dun dos proxectos ou dunha das obras, e outra das obras ou proxectos quedará en depósito un tempo mínimo dun ano.

 

Club do Mar de San Amaro

Asociación de Artistas Plásticos Galegos

Edición 2011

 

 


Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso

Os pelamios 2, 15001 A Coruña tlf 981 225 396 · fax 981 228 078 · escola.arte.pablo.picasso@edu.xunta.es